5 de maio de 2020

CIENCIAS NATURAIS 1º E 2º DE PRIMARIA

Bos días nenas e nenos!
Esta mañá queremos empezar felicitando a Noelia de 2º xa que está de cumple:
"FELICIDADES NOELIA". DESEXÁMOSCHE QUE PASES UN DÍA MOI AGRADABLE.

Aclaración sobre os traballos de plástica:
Esta semana subimos  algúns traballos de plástica e estades preguntando se os hai que enviar.
Non é obrigatorio envialos de momento. Pero prestade atención aos próximos traballos  que imos mandar porque pedirémosvos dúas tarefas: unha neste mes de maio e outra en xuño.

A semana pasada fixestes uns fermosos traballos sobre as abellas e esta semana imos investigar sobre unha planta que lles encanta ás nosas queridas abellas.
Seguro que estes días paseando atopades moitas plantas chamadas "dentes de león". Tamén se chaman "mexacán".
  




Pois hoxe imos coñecer algo máis sobre esta planta.

Empezaremos vendo estes 2 vídeos:

https://www.rtve.es/alacarta/videos/aqui-la-tierra/propiedades-del-diente-leon/5258715/

https://www.youtube.com/watch?v=MgDvzh9sp5g

A continuación queremos que fagades un traballo parecido ao das abellas pero coa información dos dentes de león. Podedes falar de:
  1. Por que recibe ese nome?
  2. Onde se atopa esta planta
  3. Como son as raíces,  as follas e as flores.
  4. Para que se utiliza
  5. Que propiedades ten
  6. Tamén podedes mandarnos fotos desta planta porque seguro que nos vosos paseos polo campo atoparedes moitas.
  7. E se queredes podedes mandarnos algún debuxo que fagades desta fermosa planta. 
  8. Tedes esta semana de plazo para enviar a tarefa.

Aquí queda un modelo de como pode ser o traballo, pero o importante é que o fagades á vosa maneira.





Ánimo, que ides aprender unha chea de cousas moi interesantes!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas