6 de maio de 2020

MÚSICA 1º e 2º

Bos días, rapaces e rapazas. Aquí vos deixo algunhas actividades musicais. Que vos divirtades. Un saúdo.

- No seguinte xogo de piratas temos baile, ritmos, cancións……… espero que vos guste moito. Non tedes que enviar ningún vídeo nin descargar ningún PDF. 
Debedes de seguir o mapa do tesouro indo ao +. 
Iso si, cando vemos o vídeo, abaixo á dereita tedes un recadriño para velo a pantalla completa.
1- A danza do pirata (acompañamos con percusión corporal). 
2- Adiviña o ritmo pirata (escollede un patrón rítmico de cada vez, cal soa, o de arriba ou o de abaixo?). 
3- Canción do pirata (cantamos e bailamos). 
4- Acompañamos con zapatos.
5- Conseguimos o tesouro (escoitamos a canción).
Unha vez que xa conseguimos o tesouro, podedes investigar na aleta e no esqueleto!!!

https://view.genial.ly/5e92d403b5f8e60d8f08fe54/horizontal-infographic-timeline-2o-somos-piratas

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas