6 de maio de 2020

CREAMOS O NOSO PROPIO VIDEOXOGO?

Bos días!!!!
Esta semana, desde TIC´S queremos propoñervos unha actividade que consiste en crear un videoxogo de plataforma. A aplicación que precisades é DRAW YOUR GAME, dispoñible para dispositivos IOS e ANDROID.
Nun folio, con rotuladores de punta grosa, creades plataformas (liñas en cor negro a distintas alturas), logo debuxades obstáculos sobre as liñas en cor vermello e premios en cor azul (ao empurrar os premios e tiralos da plataforma conseguides puntos). Para pasar dunha plataforma a outra podedes empregar trampolíns (en cor verde).





PASOS A SEGUIR:

Unha vez teñades a aplicación descargada, clicade en "CREAR"





Engadide un nome ou "APODO"


Dádelle a "FOTO", enfocade o voso debuxo, deixade que escanee, colocade o xogador donde queirades e... a xogar!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas