Na clase de 2° estamos a aprender sobre insectos. As regletas e as matemáticas son quen de axudarnos nesta aprendizaxe. Mirade!
27 de xan. de 2026
23 de xan. de 2026
A horta de 1º
Mirade que pementos, cenorias e tomates fixeron as nenas e nenos de 1º para decorar o cole.
21 de xan. de 2026
Apadriñamento lector
O alumnado de 6º de Primaria participou nos apadriñamentos lectores cos compañeiros de 2º de Primaria. Nesta actividade, os maiores contan historias, axudan a ler e comparten tempo cos máis pequenos.
Os de 2º gozan das historias e os de 6º aprenden a motivar e apoiar aos compañeiros. É unha forma divertida de aprender, compartir e facer novas amizades a través da lectura.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas

