Fantástico o concerto que nos ofreceu a Escola Municipal de Música de Moaña co título "De que cor é un bico" dentro do programa Aprende Moaña.
30 de abr. de 2025
25 de abr. de 2025
As familias contan
Neste mes do libro moitas familias achegáronse ao colexio para disfrutar con nós dun momento de lectura. Moitas grazas a todas por animarnos a ler!
23 de abr. de 2025
DÍA DO LIBRO
Hoxe celebramos o Día do Libro na biblioteca do colexio, cunha sesión de contacontos moi especial, a cargo de Olalla González, compañeira do colexio e autora de moitos libros infantís. O alumnado, dende infantil ata os maiores do cole, disfrutaron coas súas historias.
FELIZ DÍA DO LIBRO!!!
22 de abr. de 2025
TRABALLAMOS NA HORTA
No mes de marzo empezamos coa horta. Descubrimos moitos xeitos de plantar: por sementes, bulbos ou puga e César axudounos moito nas nosas investigacións.
Moitas grazas César.
COÑECENDO MOAÑA
En segundo seguimos investigando sobre Moaña, xogamos aos xogos tradicionais que recuperamos investigando en familia e ademáis o avó de Anxo contounos como era Moaña cando el era pequeno.
Grazas familias!
14 de abr. de 2025
Aprendemos sobre teatro
Na biblioteca, recibimos a Borja, o monitor do Plan Madruga, que nos fixo o favor de contarnos un pouco sobre o mundo do teatro; e trouxo de visita a " Loli" a dos "Bolechas", e a outro amigo seu para que vísemos como funcionaba o mundo dos títeres.
11 de abr. de 2025
As flores de 1º
1 de abr. de 2025
2° nos recantos da biblio
Encántanos estar na biblioteca e aprender co diferente material que alí hai. Estivemos co Lego, co Osmo Pizza e Osmo Coding, cos paus de construir, cos vasos, co UNO e coas pezas de construir.