24 de nov. de 2025

ESTACIÓNS DE MATEMÁTICAS 1º

En matemáticas divertímonos aprendendo cos números veciños, as regletas e construíndo torres e cidades 💥😀






20 de nov. de 2025

SEMENTANDO OS NOSOS DEREITOS

Para conmemorar o "Día universal dos dereitos da infancia", os alumnos/as de primaria plantamos unhas sementes de Pensamentos aos que lle atribuímos un dereito. Desta forma recordamos ao alumnado que, ao igual que ás plantas, debemos coidar os seus dereitos todos os días.



19 de nov. de 2025

APADRIÑAMENTO LECTOR

Hoxe os nenos e nenas de 1º desfrutaron dun ratiño de lectura cos seus padriños e madriñas de 5º.



12 de nov. de 2025

O Magosto

 O luns celebramos o magosto no cole. Divertímonos moito cos xogos populares (carreiras de sacos, zancos, soga tira...), comemos castañas e tamén un chouripán co que nos agasallou a ANPA, a que queremos agradecer unha vez máis a súa gran axuda e colaboración co centro.

8 de nov. de 2025

Cros Zonal Xogade

Aquí deixamos un pequeno resumo do cros zonal que se disputou o martes nas inmediacións das pistas de atletismo da Xunqueira.

1 de nov. de 2025

Samaín

 Fermosas as cabazas que prepararon as nenas e nenos para decorar o cole e acender no día do Samaín.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas