O mes de novembro é o mes de S. Martiño e coma todos os anos "Polo S. Martiño, trompos ó camiño" e magosto no cole:
12 de nov. de 2011
10 de nov. de 2011
Samain
As cabazas están moi contentas porque poden disfrazarse, visitar o colexio de Quintela e dende os corredores ver como os nenos e as nenas admiran os seus traxes e peiteados.Despois cando voltan as súas casas alumean pola noite e despídense ata o ano que ven....
Etiquetas:
2º de Primaria,
Celebracións: O Samaín,
Curso 2011-2012
9 de nov. de 2011
8 de nov. de 2011
Que contentos estamos!!!
Este é o comentario que nos escribiu Darabuc, porque a profe contoulle que escollimos o seu conto "Sopa de nada" Conto do mes de Outubro
3 de nov. de 2011
O conto do mes, a poesía do mes
Os nenos e nenas de 1º de Primaria escolleron a mellor poesía do mes de outubro, e o mellor conto do mes.
Para elixir o conto, fixemos unha votación.
31 de out. de 2011
30 de out. de 2011
29 de out. de 2011
RADIOGRAFIAS
Que ben vemos os ósos coas radiografías ! .Como en 2º curso estamos aprendendo os nomes dos ósos
descubrimos que con esta técnica podemos ver todo o noso corpo como si estivera fotografiado por dentro.
Aquí nos vedes na clase de anatomía.
Xogo de Samaín
No CEIP A Pedra de Bueu fixeron este xogo do Samaín. A que é chulo? Entrade nel para xogar
No blog do noso cole están as fotos das cabazas que fixestes.
No blog do noso cole están as fotos das cabazas que fixestes.
Etiquetas:
Celebracións: O Samaín,
Curso 2011-2012,
Ferramentas dixitais
28 de out. de 2011
24 de out. de 2011
Canta con Mamá Cabra
Era noite de trebón
Oes dentro un barullo
Bule,
bule, bule, bule,
nun vello e mouro castelo,
a auga caía a chuzos
e os lóstregos a miles.
de alaridos e lamentos,
era noite de trebón
nun vello e mouro castelo.
bailan, bailan os espectros,
bailan, bailan esqueletes,
sapos, monstros e morcegos.
Bailan, bailan as pantasmas,
monstros, bruxas e curuxas.
Bule, bule que aínda é cedo
e hoxe toca pasar medo.
Bule, bule, bule, bule,
bailan, bailan os espectros,
bailan, bailan esqueletes,
sapos, monstros e morcegos.
Bailan, bailan as pantasmas,
monstros, bruxas e curuxas.
Bule, bule que aínda é cedo
e hoxe
toca pasar medo
17 de out. de 2011
Un lío de dedos!
Hoxe, na clase de informática, practicamos a colocación das mans no teclado do ordenador. Menudo lío que nos fixemos! Colocabamos as mans nas letras que a profe pedía, pero cando nos despistabamos, todos os dedos movíanse de lugar.
12 de out. de 2011
10 de out. de 2011
Reciclamos
Os nenos e nenas de primeiro temos uns manteis para merendar moi especiais: Son xornais vellos. Deste xeito reciclamos, mentras merendamos!!!
E algún ata aproveita para ler a tira cómica.
Humm! Que rico está todo!
Etiquetas:
1º de Primaria,
Curso 2011-2012,
Voz Natura
Na aula tic
O primeiro día na clase de Novas tecnoloxias aprendemos a entrar no blog do primeiro ciclo. Despois xogamos con un xogo que nos gusta moito, dunha pantasma.
Etiquetas:
1º de Primaria,
Competencia dixital,
Curso 2011-2012
2 de out. de 2011
30 de set. de 2011
Aprendemos máis cousas do noso corpo
Entra no debuxo, e pon o cursor enriba dos puntos para aprender os nomes.
Seguimos aprendendo cousas do noso corpo:
Seguimos aprendendo cousas do noso corpo:
O noso corpo
Para os nenos e nenas de 1º que estamos aprendendo cousas do corpo, mirade que xogo:
Visto no CEIP Manuel Fraga
Visto no CEIP Manuel Fraga
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas








