11 de abr. de 2013

O mar

Gústache a balea?


Entra AQUI para ler adiviñas sobre o mar e a praia.

O xornal de Primeiro, mes de marzo


10 de abr. de 2013

Xoga co Tangram


Clica na imaxe para xogar co tangram. Deixa que cargue, escribe o teu nome,e escolle nivel  e figura.

Queres saber cousas do Tangram? Entra na web do CEIP Pino de Val

8 de abr. de 2013

A que sabe a lúa?

Este conto tamén o sabedes...xogade con el!

O traxe novo do emperador

En abril, contos.
Xoga co conto do traxe novo do emperador.
Visto en Recursos TIC para un aula PT en Galicia

As medusas de primeiro


Este curso Paco quere saber moitas cousas sobre o mar. Na  clase de 1º fixemos unhas medusas moi  xeitosiñas para decorar o cole. Pasámolo moi ben decorándoas.  Agardamos que vos gusten.



6 de abr. de 2013

Damos masaxes

Na clase de Estudo, nos damos masaxes... Canto nos gusta!

5 de abr. de 2013

Charla para as familias


Queridas familias:

Conscientes da crecente preocupación polo coidado do medio ambiente e da nosa saúde, dende o Equipo de Natureza, queremos convidarvos a unha charla informativa sobre os grupos de consumo ecolóxico. Nela, trataremos os seguintes temas:
·               Unha alimentación máis saudable e natural para os nosos fill@s.
·               Coñecer de onde proceden os alimentos que consumimos.
·              A cociña con alimentos frescos e ecolóxicos, cultivados ou elaborados por pequenos produtores da nosa comunidade.
·               A mellora do medio ambiente no que vivimos.
·               O comercio xusto.
A charla terá lugar o martes día 9 na aula de música, ás 16:00. 

Un saúdo

María    C. -   Coordinadora do Equipo de Natureza.

4 de abr. de 2013

Agora damos conferencias

Na clase de segundo imos aprender cousas das profesións. Juan foi o primeiro en explicarnos que é un marino mercante:

23 de mar. de 2013

Mes da poesía en segundo

Este ano dedicamos o mes da poesía a Rosalía de Castro, porque hai 150 anos que se publicou "Cantares gallegos". Na clase de segundo aprendemos o poema "Pasa río, pasa río":

15 de mar. de 2013

O que aprendemos dos "Cavernícolas"

Na clase de segundo aprendemos moitas cousas da evolución dos seres humanos e dos "cavernícolas".  Agora estamos contandolle  aos outros cursos cousas da prehistoria, porque fixemos un mural con moita información. Aquí estamos contándolle o que sabemos aos nenos e nenas de 5º de Infantil ( as chicharras):

12 de mar. de 2013

Rimas de amor

Extraordinaria foi a participación das familias na convocatoria de rimas de amor para os seus fillos. Unha vez máis agradecemos ás familias a colaboración que prestan nas nosas propostas e a boa disposición cara a lingua. Recibimos máis e cen rimas en galego dedicadas aos nosos alumnos e alumnas sin que a convocatoria mencionara expresamente este requisito. O Equipo de biblioteca e o de Dinamización Lingüística, valoran este feito moi positivamente e non poden deixar de felicitar a todas as familias por compartir palabras tan fermosas cos seus fillos. Aqui podemos ver algunhas das rimas:

Que facemos na biblioteca?

Cada semana imos á biblioteca. Collemos libros para levar para casa, contamos contos..., pero tamén aprendemos cousas dos libros: O título, o autor, a editorial,...(que é o máis difícil de buscar), e logo escribimos a nosa opinión sobre os libros. Mirade que maiores somos. Estamos cubrindo unha ficha sobre o libro contos de ratiños:

O xornal de primeiro, número de febreiro


Gústanos xogar á loteria.

Algúns venres, na hora de matemáticas, facemos trampa...
 En vez de ir a aula tic a facer xogos de matemáticas, quedamos na clase a xogar á lotería.


Agora cantamos nós os números. Gústanos moito, Bingo!!!

A voz de 2º curso, mes de febreiro

 Hai uns días que publicamos o número de febreiro de "A voz de segundo curso" . Aquí o tedes:

7 de mar. de 2013

Hoxe toca repasar

Clicade no cartel para entrar nos xogos de matemáticas que practicamos este curso:


E aquí tedes as táboas de multiplicar, para algúns de vós, que tedes moitas gañas de aprendelas:

5 de mar. de 2013

Este é o que vos falta

O luns fomos á biblioteca a mirar o noso correo. Tiñamos unha mensaxe dos nenos e nenas de 6º de Infantil do EEI Barrionovo da Coruña:
Nel pedíannos axuda para averiguar cal é o home que lles falta na súa árbore da evolución.





A nosa resposta vai neste vídeo, pero tamén vos enviamos esta imaxe que fotografiamos do libro "A prehistoria" de Nicholas Harris, editorial Sm.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas