1 de maio de 2018

ESPETADA DE FROITA

Os gatiños de Infantil e os nenos e as nenas de 2º de primaria, fixeron xuntos unha espetada de froita. Puxéronlle  plátano, mazá, amorodo e mandarina. Estaban deliciosas!! Asi foi como traballaron: 

27 de abr. de 2018

Plantando leitugas

As leitugas xa están na horta esperando medrar co sol e a auga!
Antes puxémolas en terra para que lles fosen medrando as raíces:

20 de abr. de 2018

Visitamos a exposición de novidades das librerías

As clases de 1º e 2º visitamos a exposición de novidades das librerías. Anotamos os títulos dos contos que máis nos gustaron para mercalos o día do libro.

Este curso participaron La papelería, Alborada e  Nobel O Pontillón.




19 de abr. de 2018

A horta xa está lista

A nosa horta xa está lista para que traballemos nela. Moitas grazas, familias!


18 de abr. de 2018

ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS 2018


FAI CLIC AQUÍ PARA ACCEDER ÁS ACTIVIDADES SOBRE MARÍA VICTORIA MORENO.


16 de abr. de 2018

1º DÍA DE FROITA NA AULA DE 2º CURSO

Esta semana comezou o reparto de froita entre o alumnado do cole dentro do Plan Proxecta Aliméntate Ben.
Na clase de segundo foi un éxito o día dos amorodos!!!




14 de abr. de 2018

Un mar de poesía con García Teijeiro

Todas as emocionadas espectativas se cumpriron onte coa visita do premiado , recoñecido e querido poeta:

11 de abr. de 2018

Un bico porque si

Gústanos moito a poesía de Antonio García Teijeiro! Este foi o mural que fixemos do seu poema Un bico, por que non:

10 de abr. de 2018

2º CURSO EN EDUCACIÓN FÍSICA

ESTIVEMOS TRABALLANDO OS SALTOS. GÚSTANOS MOITO SALTAR!!!


2º en Tic's

Seguimos utilizando a aplicación Quivervision para ver en 3D os debuxos que pintamos. Gústanos moito!!!


9 de abr. de 2018

Un enxeñieiro en segundo

No proxecto Traballa que traballa, recibimos en segundo curso a visita de Alfonso que como inxeñieiro explicounos como é o proceso de fabricación dos coches. Contounos que traballaba co ordenador para darlle a forma necesaria aos compoñentes do coche e como era o traballo dos robots. Foi moi interesante!!!

No laboratorio de control de calidade

Marta visitounos na clase de segundo  para explicarnos en que consiste o seu traballo no laboratorio da empresa ALONARTI. Alí controla a calidade dos tubos dos envases para que funcionen correctamente:

26 de mar. de 2018

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO POLOS NENOS DE 1º E 2º CURSO

ESTAS ÚLTIMAS SESIÓNS DE TIC'S, NA AULA DE 1º E 2º, ESTIVERON DESTINADAS A GRAVAR COA APLICACIÓN MADPAD AS VOCES DOS NENOS E NENAS RECITANDO POEMAS DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO, CON MOTIVO DO MES DA POESÍA. 
QUEDOULLES MOI BEN!
MIRADE!




21 de mar. de 2018

Día da poesía na clase de segundo curso

No día da poesía homenaxeamos a Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de literatura Infantil 2017. Un poema e unha flor para compartir coa familia:





16 de mar. de 2018

A Presidenta da Comunidade de Montes de Moaña

Hoxe recibimos a visita da Presidenta da Comunidade de Montes de Moaña, Belén Couso. Acompañábaa Xulio e os dous contáronnos como coidan os montes de Moaña para que todos e todas poidamos visitalos e sentirnos orgullosos. Podan , desbrozan, limpan, plantan,...son moitas as tarefas que desenvolven. Así podemos evitar que os incendios os destrocen.
Nós entregámoslles os carballos que estivemos coidando desde o outono. Sementamos landras porque queremos un monte cheo de árbores, non de cinza.
MOITAS GRAZAS!!!


7 de mar. de 2018

Día da Muller Traballadora

Hoxe, na véspera do 8 de marzo,  tivemos connosco a Sonia Valladares Rodríguez, da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas de Galicia.
Sonia  é Enxeñeira  Superior de Telecomunicacións e traballa na Universidade de Vigo investigando sobre o Alzeimer.Para iso desenvolve videoxogos e xogos de aprendizaxe para adultos.
Falounos do traballo das científicas e presentounos  os descubrimentos dalgunhas, como  Hipatia de Alejandría, Marie Curie , Rosalind Franklin ou Margarita Salas .
Pasámolo moi ben e fixemos os nosos carnés de científicos e científicas!!!:


Vaite febreiriño curto

Os nenos e as nenas de primeiro recitan un poema dedicado ao mes de febreiro e á súa climatoloxía:


Aquí podedes ver que ben escribiron e ilustraron a poesía:
Vaite febreiriño curto

6 de mar. de 2018

Científicos Kids

Nesta páxina podes buscar información sobre algunhas científicas :

A semente

A primavera achégase e os bulbos de narciso que prantamos comezan a florecer, é por iso que recitamos a poesía titulada "A semente".

Presentación traballo dos nenos e nenas

5 de mar. de 2018

Visita á Panadaría Iglesias


O alumando de primeiro e segundo curso fomos visitar a Panadería Iglesias en Aldán. Gustounos moito poder amasar, aprender diferentes técnicas, e ver como as diferentes pezas se cociñaban nos grandes fornos industriais.






As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas