Recibimos na clase de 1º a Iván e Aisha, de 3º de primaria, que nos recitaron o poema de Xosé Luis García "O neno e o xabarín"
Gustounos moito esta historia do xogo entre un xabarín ao que non lle gustaban as guerras e un neno.
31 de xan. de 2017
22 de xan. de 2017
2º traballa o equilibrio en Educación Física
Que ben o pasamos o outro día xogando a carreiras con relevos sobre rodas. O motivo era traballar o equilibrio. Estivo xenial porque encántanos correr!
Etiquetas:
2º de Primaria,
Curso 2016-2017,
Educación física
Toontastic na aula de 2º curso
Na aula de 2º seguimos co uso da aplicación para Ipad Toontastic, que nos permite facer pelis con personaxes que nós imos animando a medida que narramos a nosa historia. Cando consigamos dominalo un pouquiño mais, xa vos ensinaremos algunha das nosas producións.
19 de xan. de 2017
12 de xan. de 2017
O cómic en segundo
Os nenos e nenas de segundo traballamos en equipo entorno á actividade da Banda Deseñada!
Velaquí algúns exemplos:
Velaquí algúns exemplos:
Etiquetas:
2º de Primaria,
Competencia lingüística,
Curso 2016-2017
21 de dec. de 2016
Obradoiro de pan de landra na aula de 2º
Esta semana, tivemos na aula de 2º un obradoiro de pan de landra. Ruth, a persoa que viu facelo, ensinounos un montón de cousas, como que a landra ten que estar en auga durante 7 días para que quede branda, para desfacer as landra antigamente batíanlle con paus, a masa ten que estar tapada para inflar durante 4 horas....
Etiquetas:
2º de Primaria,
Curso 2016-2017
19 de dec. de 2016
Letrilandia!!
Nas sesións de Audición e linguaxe empregamos os contos de Letrilandia para axudar no aprendizaxe da lectura. Deixámosvos varios vídeos para que os desfrutedes.
EL PAIS DE LAS LETRAS
El rey U
La reina A
La señora M
Para ver o resto das letras podedes acceder en youtube a CUENTOS DE LAS LETRAS (LETRILANDIA) de Vanessa Rodríguez. Ten unha lista de reproducción ordeada con tódolos videos.
Etiquetas:
Audición e Linguaxe,
Competencia lingüística,
Curso 2016-2017
Xoguetes para exercitar o sopro!
É importante adquirir una correcta intensidade no soplo e ser capaz de controlalo, polo que xogar con este material será ademáis de divertido moi beneficioso para que os nenos melloren na súa fala.
![]() |
| Facer soar instrumentos |
![]() |
| Desenrolar e enrolar despaciño e rápido |
![]() |
| Facer xirar rápido e despacio |
![]() |
| Facer soar o canto dos paxariños |
![]() |
| Co sopro podense facer carreiras ou xogar a xuntar todas as bolas nunha zoa limitada |
![]() |
| Producir sons longos e curtos |
![]() |
| Intentar facer pompas de diferentes tamaños |
Etiquetas:
Audición e Linguaxe
Videos para exercitar a lingua!
Dende Audición e Linguaxe recomendámosvos estes videos para ver durante o Nadal.
Etiquetas:
Audición e Linguaxe
17 de dec. de 2016
METEOQUINTELA
O cole participa un curso máis no proxecto Meteoescolas, dentro dos plans Proxecta. Nós, como o curso pasado, chamarémoslle Meteoquintela. No mes de novembro comezamos de novo a nosa andaina polo mundo da meteoroloxía,
Con este proxecto,o alumnado desenvolverá competencias en investigación mediante a observación directa do clima na escola, e así tomaremos datos das precipitacións e das temperaturas, grazas a estación meteorolóxica que temos instalada no noso centro.
Aquí vos deixamos o resumo deste mes de novembro, que fixo o alumnado de Primaria: cal foi o día que máis choveu, o climograma, as temperaturas máximas e mínimas,...
8 de dec. de 2016
Xogos para o Nadal
Achegamos unha selección de xogos sobre o Nadal elaborada pola Escola de Barciela, no C.R.A. de Vilaboa. Preme na imaxe para accedes a web.
Etiquetas:
1º de Primaria,
2º de Primaria,
Celebracións: O Nadal,
Curso 2016-2017
1 de dec. de 2016
As regras de clase
Xa rematamos as normas de clase, e a todo color!
Un traballo colaborativo que nos axudou a pensar, e mirade qué ben nos quedou!




Un traballo colaborativo que nos axudou a pensar, e mirade qué ben nos quedou!




Etiquetas:
2º de Primaria,
Competencia emocional,
Curso 2016-2017
25 de nov. de 2016
2º TRABALLA A FELICITACIÓN DE NADAL CUN CÓMIC!!!
OS NENOS E NENAS DE 2º CURSO ESTÁN A TRABALLAR COA APLICACIÓN PARA IPAD STRIP DESIGN. SERVE PARA FACER CÓMIC. O TEMA ELIXIDO FOI O NADAL. XA VEREDES QUE BEN LLES VAI QUEDAR!!!!
1º TRABALLA SOBRE A POSTAL DE NADAL
OS NENOS E NENAS DE 1º XA ESTÁN A PINTAR A POSTAL DE NADAL. USAN O PROGRAMA PAINT E, AÍNDA QUE LLES PARECE COMPLICADO, AO FINAL SAIRÁN UNHAS VERDADEIRAS FERMOSURAS DE POSTAIS. XA AS VEREDES!!!!
Día Internacional pola Eliminación da violencia contra as mulleres
Toda esta semana dedicamos o tempo dos contos a ler algúns que nos axudan a pensar e a falar.
Hoxe, 25 de novembro fixemos un mural sobre o Día Internacional pola Eliminación da violencia contra as mulleres. Quedounos así:
Hoxe, 25 de novembro fixemos un mural sobre o Día Internacional pola Eliminación da violencia contra as mulleres. Quedounos así:
Ademais falamos do que era "VIOLENCIA" e estas son algunhas das opinión do grupo.
- "Violencia é pegar"
-"Violencia é matar"
- "Violencia é clavar cuchillos"
-"Violencia é berrar"
-"Violencia é empuxar"
-"Violencia é non respectar"
-"Violencia é obrigar"
-"Violencia é facer dano"
-"Violencia é facer guerra"
-"Violencia é lastimar"
-"Violencia é dar patadas"
-"Violencia é empuxar berrando e dicir catro palabrotas"
Etiquetas:
Celebracións: 25N,
Curso 2016-2017
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas






















