27 de xan. de 2018

Os carteis do Día da Paz de segundo

O vindeiro martes celebraremos o Día da Paz no colexio. Os nenos e nenas de 2º de primaria fixeron uns carteis ben fermosos para anunciarnos as actividades previstas. Aquí tedes estas fotos




23 de xan. de 2018

As Cartas

Os nenos e nenas de primeiro aprenderon un poema:





1º CURSO NO XIMNASIO

13 de xan. de 2018

1º COÑECE A APLICACIÓN QUIVERVISION

OS NENOS E NENAS DE 1º CURSO ESTIVERON PINTANDO UNS DEBUXOS QUE.... SON MÁXICOS!!!!
PODEDES XOGAR NA CASA DESCARGANDO APP  
OS DEBUXOS IMPRESOS TEÑEN QUE SER OS QUE POÑEN "FREE" NA PROPIA PÁXINA DE QUIVERVISION.
É MOI SINXELO, ENFOCADES  O DEBUXO E A XOGAR COA REALIDADE AUMENTADA.


26 de dec. de 2017

OS REIS VEÑEN AO COLE!

O ÚLTIMO DÍA DE CLASE, TIVEMOS UNHA VISITA MOI ESPECIAL NO COLE. VIÑERON OS REIS MAGOS!
OS NENOS E NENAS DE 1º E 2º CURSO ESTIVEMOS CON ELES, DÉMOSLLE A NOSA CARTA, CANTÁMOSLLE UNHA PANXOLIÑA E RECOLLEMOS OS CARAMELOS E AGASALLOS QUE NOS DERON.
FOI UN DÍA MAGNÍFICO!






19 de dec. de 2017

POSTAIS DE NADAL DA AULA DE 2º CURSO

OS NENOS E NENAS DE 2º CURSO DESEXÁMOSVOS UNHAS FELICES FESTAS!


+-

FELICITACIÓN NADAL DA AULA DE 1º CURSO

A AULA DE 1º CURSO DESÉXAVOS UN BO NADAL!

14 de dec. de 2017

2º TABALLA O EQUILIBRIO E AS VOLTERETAS EN EDUCACIÓN FÍSICA

1º XOGA COS ZANCOS NO XIMNASIO

ESTAMOS A TRABALLAR O EQUILIBRIO NA AULA DE 1º. PARA ISO, USAMOS OS ZANCOS. ENCANTOUNOS!


28 de nov. de 2017

2º NO XIMNASIO

PERO QUE BEN O PASAMOS O OUTRO DÍA XOGANDO COS CANGUROS NO XIMNASIO!
MIRADE!


22 de nov. de 2017

Cociñamos en primeiro.

Os nenos e nenas de primeiro recibimos en clase a dúas mamás que viñeron  preparar galletas de chocolate, "cookies", con nós. Estaban riquísimas!

Velaquí a receita:



Moitas gracias, por vir compartir un momento con nós!

10 de nov. de 2017

Os nosos bosques

Tras os incendios do mes pasado,  na clase de valores fixemos este traballiño. Esperamos que vos guste!

9 de nov. de 2017

CELEBRAMOS O MAGOSTO!

Onte, celebramos no cole o magosto. Practicamos diferentes xogos populares e tradiconais, comemos as castañas e tamén tivemos tempo de pintarnos as caras...
Desde o cole, queremos dar as grazas aos pais e nais que colaboraron asando as castañas!
Tamén queremos dar os parabéns ao alumnado de 6º curso pola súa axuda na realización das actividades co resto do alumnado do cole.

 

3 de nov. de 2017

XOGOS POPULARES EN 1º E 2º

DENTRO DOS MOITOS XOGOS QUE ESTAMOS A FACER, TEMOS OS BOLOS. PASÁMOLO XENIAL!


27 de out. de 2017

XOGOS POPULARES EN 1º

Nas clases de educación física, estamos a traballar os xogos populares. Estos días estamos con salto de comba.
Fixémolo moi ben.





18 de out. de 2017

1º E 2º CURSO SAÚDANNOS

Mirade de que maneira tan divertida se presentaron os nenos e nenas de 1º e 2º curso. Utilizaron a aplicación para Ipad chamada ChatterKid.








17 de out. de 2017

EXPRESIÓN CORPORAL EN EDUCACIÓN FÍSICA

NESTAS ÚLTIMAS SESIÓNS DE EDUCACIÓN FÍSICA ESTIVEMOS TRABALLANDO A EXPRESIÓN CORPORAL. ENTRE OUTROS, GUSTOU MOITO O XOGO DAS ESTATUAS MUSICAIS E O DE IMITAR ANIMAIS.








1º XOGA CON CANGUROS EN EDUCACIÓN FÍSICA

PASÁMOLO XENIAL XOGANDO CON CANGUROS NO XIMNASIO!!!!



10 de out. de 2017

PARACAÍDAS NA AULA DE EDUCACIÓN FÍSICA

Estos primeiros días de clase no ximnasio fóronche moi divertidos. Xogamos co paracaídas que é algo que nos fascina.
Deixamos un resumo fotográfico para que o vexades.


5 de out. de 2017

CONCERTO SUSA HERRERA

Aquí vos deixamos un resumo do ben que o pasamos o venres no auditorio escoitando as divertidas cancións de Susa Herrera, que nos presentou o seu libro "En Cabárceno se sigue cantando".


As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas