18 de nov. de 2010

Carta de Paco para 1º curso

QUERIDOS AMIGOS E AMIGAS DE PRIMEIRO:

Levo xa nove anos na biblioteca do voso cole e aínda non me ensinastes como é o pobo onde vivimos.

Este ano gustaríame coñecer un pouco máis de Moaña,onde está, como se chaman os seus ríos, as praias, as festas, en que traballan as súas xentes...

SABEDES QUE 2010 É O ANO INTERNACIONAL DA AUGA?


Gustaríame saber que se pode facer coa auga ademais de usala para a hixiene e a alimentación.
Podedes dicirme para que usan a auga os muíños?Por certo,
ten algo que ver muíño e muiñeira?



Espero as vosas respostas!



Para buscar a información, na biblioteca escolar, ou na páxina de recursos:

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas