Os nenos e nenas de segundo curso estan a facer de xornalistas. Xa sacaron o primeiro número do seu xornal.
Despois de unha reñida votación, acordaron que se vai chamar A VOZ DE SEGUNDO CURSO, e vai ter unha periodicidade mensual. No número de Xaneiro, a noticia foi redactada colectivamente, e tamén lles serviu para enviar aos nenos e nenas de segundo curso do CEIP Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras, cos que imos manter correspondencia.
En febreiro tentaremos publicar varias noticias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios