Despois de aprender a coñecer as herbas aromáticas decidimos facer o cacho de San Xoán para que toda a clase soubera o que era porque moitos non sabían del. A víspera de San Xoán (23 de xuño) métense en auga as plantas aromáticas que haxa cerca e déixanse toda a noite a coller o rocío para pola mañá lavar a cara coa mestura de aromas metida na auga. Nós fixémolo a víspera de fin de curso. Antes de marchar de excursión a Meira deixamos as plantas na auga: anís, herbaluisa, chopo, xeranio, herba de San Xoan, menta, herbalimona, lavanda e unha flor de gardenia adornando tanto verde. Cando chegamos a clase ao día seguinte cheiraba que daba gusto. Non paramos de mollar a cara e os brazos en toda a mañá porque como había tanta calor, refrescábanos!
O cacho ten diferentes nomes no resto de Galicia. Un dos nomes máis coñecidos é o de cacherela. A profe Adela é de Nigrán (preto de Vigo) e alí chámanlle auga de rosas e auga de San Xoan.
Aí van unhas fotos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios