¿CÓMO PODEMOS ESTIMULAR A LINGUAXE DOS NOSOS NENOS E NENAS?
Cousas importantes que temos que saber
Os adultos somos os referentes lingüísticos dos cativos e cativas, temos que ser conscientes da nosa gran influencia sobre eles
A adquisición completa dos fonemas culmina ao arredor dos sete anos. Cada neno e nena segue o seu propio ritmo para acadalos.
¿QUÉ TEMOS QUE EVITAR?
-
Non empregar palabras
infantís como por exemplo: guaguau. Os nenos e nenas aprenden por imitación
polo que é importante ofrecerlles o modelo correcto.
-
Non empregar chupete
xa que pode modificar a súa anatomía orofacial.
- Non corrixir os erros
de fala do rapaz ou rapaza pero ofrecer inmediatamente o modelo correcto.
-
Non obsesionarse coas
dificultades na fala porque a ansiedade transmítese aos nenos e nenas.
¿Cómo podemos estimular a linguaxe na casa?
Dedicando un tempo
diario para falar co neno e darlle tempo suficiente para que se exprese.
Favorecer unha mastigación e deglución acorde coa súa idade axudará na motricidade e mobilidade dos órganos bucofonatorios.
Realizar xogos
lingüísticos como: palabras encadeadas, veo-veo, chistes e adiviñas, formación
de palabras a partir letras, ...
É moi útil empregar xoguetes de sopro para gañar en intensidade e control tales como: palliñas, mini-instrumentos de vento, matasuegras, pompeiros, carreiras de algodón...
Aproveitar o lavado de dentes para facer gárgaras, traspasar liquido dun vaso o lavabo, facer masaxe na lingua co cepillo, facer muecas diante do espello, empañalo espello mediante a respiración, etc.
Para exercitar a mobilidade da lingua, beizos e mandíbula podemos empregar recursos de youtube sobre praxias como os que se recomendarán neste blog.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios