30 de mar. de 2020

Primeira carta de Paco!

   CARTA DE PACO!!!



COMO ESTADES?

SEGURO QUE FACENDO UN MONTÓN DE COUSAS NAS VOSAS CASAS E AXUDANDO ÁS VOSAS FAMILIAS.

EU ESTOU UN POUCO ABURRIDO E DESEXANDO QUE VOLVADES POR AQUÍ A VISITARME, PERO XA SABEMOS QUE DE MOMENTO NON VAI PODER SER.

GÚSTAME MOITO LER E VER OS VOSOS TRABALLOS ASÍ QUE TÓDOLOS DÍAS ENCENDO O ORDENADOR DA BIBLIO PARA NON ABURRIRME MOITO.

AS PROFES ESCRIBÍRONME UNHA POESÍA, ENCANTARIAME QUE TAMÉN VOS ME FIXERADES UNHA RIMA OU UN  PEQUEÑO POEMA ACOMPAÑADO DUN DEBUXO PARA ANIMARME MENTRES NON VOLVEDES.

SE LLOS MANDADES ÁS PROFES SEGURO QUE OS SUBEN AO BLOG E VÉMOLOS TODOS E TODAS.

                                                PACO, PAQUIÑO
          ALÉDATE UN POUQUIÑO

          DURANTE ESTES DÍAS
          PARA NON ABURRIRSE MOITO
          AS PROFES DE QUINTELA
          COCIÑAN BISCOITO

          PACO, PAQUIÑO
          SONRÍE UN POUQUIÑO

                                            OS NENOS DE MOAÑA
                                            SON MARABILLOSOS
                                            POR ISO ESCRIBEN
                                         POEMAS POEMAS PRECIOSOS.

                                       APERTAS MOI FORTES!! 


SEGURO QUE FACEDES UNS TRABALLOS FERMOSÍSIMOS. PACO VAI ESTAR ENCANTADO!!

ACTIVIDADE PLÁSTICA:
CREA UN MONSTRO. PODES FACELO CUN ROLO DE PAPEL HIXIÉNICO. USA PINTURAS, ROTULADORES, O QUE MÁIS CHE GUSTE. LOGO PONLLE NOME E IMAXINA COMO SERÍA SE FOSE DE VERDADE.(ONDE VIVE, QUE LLE GUSTA FACER, CAL É A SÚA COMIDA FAVORITA, QUE LIBROS LLE GUSTA LER, ETC). AO REMATAR, SE VOS APETECE, MANDÁDENOS UNHA FOTO COAS VOSAS CREACIÓNS.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas