Queridos nenos e nenas.
Sabemos que estes días estades sendo moi valentes e moi responsables no tema de ter que quedarvos nas vosas casas.
Lembrámosvos que podedes pasar un bo rato cos xogos e aplicacións que traballamos nas sesións Tic´s, como o DRAW YOUR GAME (facer plataformas de cor negro nun folio con premios (cor azul), trampolíns (cor verde) e enemigos (cor vermella) e logo, coa tablet podedes xogar en 3D. Podedes crear tarxetas en papel con palabras básicas como flor, gafas, dedo, botella... e, mediante a aplicación WAFTY, un debuxa o obxecto na pantalla mentres os demáis intentan adiviñar o que está debuxando. A aplicación TOONTASTIC permítenos crear películas en 3D seleccionando un escenario, os protagonistas e poñendo a nosa voz nos diálogos que nos permite gravar. Por último, tamén recomendamos que coñezades e exploredes as opcións que nos permite a aplicación SCRATCH JUNIOR, coa que creamos un escenario cos protagonistas seleccionados e podemos programar os seus movementos a través de pezas moi simples e incluso podemos escribir diálogos. Non vos esquezades do fermoso que queda un mural creado con STOP MOTION, esa aplicación que tan bo resultado da.
Aínda que algunhas aplicacións foron traballadas na aula de 1º e outras na aula de 2º, todas elas valen perfectamente para os dous cursos. Son moi intuitivas e xa veredes como vos divertides un montón!
Unha aperta moi grande a todos e todas!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios