13 de abr. de 2020

Saúdo terceiro trimestre para primeiro curso


QUERIDAS FAMILIAS:

COMEZA O TERCEIRO TRIMESTRE E DE NOVO AS MESTRAS ESTAMOS CONVOSCO PARA ACOMPAÑARVOS NAS VOSAS APRENDIZAXES.
DIANTE DE NÓS QUEDAN ALGÚNS DÍAS MÁIS SEN CLASES NO COLE. GUSTARIANOS QUE ESTA SITUACIÓN CAMBIASE E POIDÉSEMOS VOLVER ÁS AULAS XUNTOS. NON SABEDES CANTO!!


MENTRAS ESTA SITUACIÓN NON CHEGA SEGUIREMOS PROPOÑENDO TAREFAS, AÍNDA QUE ORGANIZADAS DE XEITO DIFERENTE.
VISITADE O BLOG CADA DÍA, PORQUE CADA MAÑÁ APARECERÁ UNHA PROPOSTA DIFERENTE.
DESTE XEITO:

  • O LUNS TEREDES UNHA TAREFA RELACIONADA COAS LINGUAS
  • O MARTES TOCARÁ POÑERSE A INVESTIGAR, CIENCIAS SOCIAIS OU NATURAIS
  • O MÉRCORES É O DÍA DEDICADO A MÚSICA, TICS, EDUCACIÓN FÍSICA E PLÁSTICA (CADA SEMANA DÚAS DELAS)
  • O XOVES TOCA INGLÉS
  • O VENRES REMATAMOS CON MATEMÁTICAS 
CANDO VOLO INDIQUE, DEBEREDES ENVIARME UNHA TAREFA, SE NON É ASÍ, RESOLVEREDES AS PROPOSTAS NOS VOSOS CADERNOS.
SEGUIREMOS EN CONTACTO A TRAVÉS DO CORREO ELECTRÓNICO, AÍNDA QUE PARA FACILITAR A ORGANIZACIÓN, ESTE  É O NOVO CORREO DE CONTACTO :
primeiroenquintela@gmail.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas