15 de abr. de 2020

UN POUCO DE EXERCICIO FÍSICO?

Bos días nenos e nenas!
O primeiro que quero facer como profe é darvos os parabéns polo ben que estades a levar esta situación. Sodes moi valentes!!!!
Eu tamén quero aportar algunha idea para que fagades exercicio físico na casa, que estou convencida de que facedes (e moito!!!).
Se estiveramos no cole, sería moi doado dicirvos e explicarvos calqueira actividade, porque xa nos coñecemos e sabemos entendernos ben. Pero a través da web, poñervos todas as miñas ideas por escrito e un pouco complicado, así que estiven cotilleando por internet e atopei bastantes cousiñas interesantes que vos vou ir propoñendo.
Aquí vai unha collida na páxina Viaró Global School:




Facede o que vos apeteza e como vos apeteza. Lembrade que podedes buscar distintas maneiras de facer cada exercicio e empregar o material que teñades a man. Poñer a traballar a vosa imaxinación que é moi ampla.
Unha aperta moi grande. 

Kathy

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas