18 de maio de 2020

Lingua Galega en 2º

BENVIDAS E BENVIDOS A UNHA NOVA SEMANA!
Esta mañá toca lembrarnos  do libro que levastes para a casa no mes de marzo titulado:
 “CONTOS DE RATIÑOS"


Supoño que xa o lestes e agora tócavos contarnos cousiñas sobre esas historias tan entretidas.

Actividades:
  1. Este libro de Arnold Lobel  está composto por sete historias. Seleccionade o conto que máis vos guste e contádenos: quen son os protagonistas, como empeza a historia, que acontece e como remata.
  2. Escribide dúas razóns polas que escollestes ese conto como favorito.
  3. Facede un debuxo do conto que escollestes. O debuxo podedes facelo nun folio independente das actividades 1 e 2.
  4. Mandade ao correo unha foto das actividades 1 e 2.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas