BOS DÍAS CLASE DE 1º E 2º!
ESTE CURSO ESTÁ CHEGANDO AO SEU FIN E HOXE SERÁ O ÚLTIMO DÍA QUE NÓS, VICTORIA E GLORIA, PROPOÑEMOS ACTIVIDADES.
PERO ANTES QUEREMOS FELICITARVOS DE NOVO POLO BEN QUE VOS PORTASTES E
TRABALLASTES DESDE AS VOSAS CASAS.
QUEDAMOS ENCANTADAS DAS TAREFAS TAN FERMOSAS QUE NOS MANDASTES!
PAQUIÑO SEMPRE ESTIVO MOI ENTRETIDO VENDO OS VOSOS TRABALLOS E APRENDENDO UNHA CHEA DE COUSAS.
HOXE TEREDES QUE RESOLVER UNHA SERIE DE PREGUNTAS E PROBAS SE O VENRES QUEREDES TER UNHA GRAN SORPRESA:
ESTAMOS SEGURAS DE QUE O FACEDES XENIAL, ÁNIMO!
DESEXÁMOSVOS QUE O PASEDES MOI BEN NO VERÁN PORQUE O MERECEDES UN MONTÓN E EN SETEMBRO VERÉMONOS DE NOVO.
MOITOS BICOS E APERTAS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios