3 de xuño de 2020

MÚSICA 1º e 2º


Bos días, rapaces e rapazas. Aquí vos deixo algunhas actividades musicais. Que vos divirtades. Un saúdo.
- Comecemos repasando as notas musicais e onde se colocan no pentagrama con esta canción.
- Agora que vimos onde se poñen as notas musicais no pentagrama, a ver si as lembramos neste xogo de memoria. Debes de emparellar cada nota musical co seu nome. Ánimo que seguro que lembras moitas delas.
- Seguimos cun xogo para adiviñar sons ascendentes (os que suben) e sons descendentes (os que baixan). Moita atención, e a xogar!!!
- Rematamos cantando a canción da regra dos tres “R” ecolóxicos (Reducir, Reutilizar e Reciclar) xa que este venres 5 de xuño celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente. Non desaproveitemos a ocasión de colaborar na tarefa de coidar o noso planeta azul para asegurar agora e no futuro un hábitat máis limpo, verde e san. A cantar!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas