Ola, as todas e todos.
Estas son as persoas que pasaron últimamente pola nosa clase:
Benjamín, pai de Clara
Sonia, nai de Noela
Adega, nai de Martín
Benjamín contounos a historia "El hombre que caminó entre las dos torres", unha historia de vértigo pois trata dun equilibrista que foi quen de pasar entre as dúas "Torres Xemelgas" cando aínda estaban a rematar a súa construcción
Tamén nos contou o conto "La jirafa Cerafa" a historia da viaxe que fixo unha xirafa dende África ata París, viaxe chea de novas emocións pero tamén de nostalxia pola súa amada terra.
Sonia contounos o conto "Cosas que no hacen los mayores" Unha simpática historia na que calquera adulto pode verse reflexado nalgún momento.
O conto "De aquí no pasa nadie" é unha interesante reflexión da importancia de saber gobernar con criterio e pensando no ben dos demáis.
Os contos de Adega falaron da amizade.
A nosa querida historia "O Principiño"
E a historia do "Xigante secreto do avó" que nos ensina a valiosa lección de non xulgar a ninguén polo feito de ser diferente.
Moitas grazas aos tres pola vosa visita!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios