Aquí temos ás nosas contacontos:
Patri contounos o conto "Irmáns"
Ter un irmán ou unha irmá, vaia lata, só da problemas!
Seguro? pode que, se o pensas ben, descubras moitos momentos divertidos.
Pero cando somos tres...!
Tamén nos contou o conto de "Gruñón"
Oliver, coa axuda do seu amigo Troll, vai na busca da súa irmá. Terán que chegar ata a montaña dos Comilóns onde vive un terrible e xigantesco monstro que devora ata as pedras.
Pero con cariño e cuns ricos pasteis pódese amansan ata as feras máis terroríficas.
Hai moitos anos, as persoas e os dragóns vivían en harmonía en Kumandra pero apareceron os Drunns acabando con este equilibrio. Agora será Raya a que consiga salvar o reino. Para ilo necesitará atopar a última dragona e, sobre todo ter confianza nela e nos seus.
Ángela contounos o conto "El pedo más grande del mundo"
O rinoceronte, a gacela, a cebra, o gorila,
o elefante, o hipopótamo, a xirafa,
o mono, gran mestre na música do vento...
Un crocodilo de xurado.
Todos os animais da selva xúntanse nun gran e sonoro evento...
Será posible que un animaliño tan diminuto poida ser o gran campión?
Tamén nos contou o conto "Los vecinos" un conto cunhas preciosas ilustracións.
Os nenos e nenas o pasaron pipa intentando atopar o hamster que se escondía entre as súas páxinas.
Grazas por compartir con nós as vosas historias!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios