Que contentos quedaron os Reis Magos coas panxoliñas que lles cantaron e bailaron os nenos e nenas de 1º e 2º, os cales recibiron uns agasallos e caramelos.
23 de dec. de 2022
22 de dec. de 2022
Postais Nadal de 1º e 2º de primaria
Que fermosas tarxetas fixeron os nenos e nenas de 1º e 2º coa aplicación Paint para desexarnos un Bo Nadal e unhas felices festas.
20 de dec. de 2022
1º visita a escola infantil do Con
19 de dec. de 2022
Festa de Nadal
Xa quedan poucos días para a festa de Nadal.
A clase de segundo elaborou estes orixinais carteis que anuncian o programa para o día 22 de decembro.
Quedaron fermosos!! Bo traballo!!
16 de dec. de 2022
Xornada de Sensibilización DOWN
O pasado martes recibimos na escola aos representantes de Xuntos, que traballa para a integración desde a Asociación DOWN de Pontevedra. Nesta xornada de sensibilización participamos nunha sesión de contacontos. Contáronnos o conto da cebra e o seu paraugas multicolor. Vaia sorpresa cando apareceu a cebra de verdade!
Gustáronnos moito!
Moitas grazas Xuntos!
2º canta a súa panxoliña aos nenos e nenas da Galiña Azul
15 de dec. de 2022
Obradoiro de cociña na sesión de inglés
Hoxe, os nenos e nenas de 1° e 2° elaboraron as súas galletiñas do Nadal nun taller de cooking coa profe Noe. Tras varios días lendo e traballando o conto ‘The Gingerbread Man’ na clase de inglés, os nosos pequenos cociñeiros e cociñeiras puxéronse mans a obra para facer estas cookies tan famosas e típicas desta época do ano. Tende coidado na casa se facedes esta receita, os Gingerbread Man acostuman saír correndo en canto abrimos o forno.
‘Run, run, as fast as you can. You can’t catch me, I am the Gingerbread Man.’