31 de maio de 2025
28 de maio de 2025
A lufa
Lecturas no patio
Aproveitamos este tempo estival para saír ao patio traseiro limpar a horta de herbas improcedentes e ler contos.
¡Canto nos presta!
27 de maio de 2025
24 de maio de 2025
As familias contan
As familias seguen agasallándonos co seu tempo e o seu bo facer.
¡Mil grazas!
20 de maio de 2025
As familias contan
Este mes de maio comezamos o día con contos que as familias velen compartir con nós.
19 de maio de 2025
Paxaros para decorar en 1°
Mirade que fermosos quedaron os paxaros que cortamos na cortadora láser e logo decoraron con lá enfiada nunha agulla as nenas e nenos de 1°.
15 de maio de 2025
Arte na aula de 2°
Dentro do proxecto:"COUSAS DE MOAÑA: O noso fogar" o alumnado pensou que cousas lles gustaría ter en no seu pobo.
E para iso o alumnado de segundo está a facer construccións de papel: fábricas, parques de xogos, circuitos de coches e motos...
Logo as utilizaremos como escenarios para as nosas historias, faremos textos, teatro, e personaxes para xogar con elas.
A gozar!!!
13 de maio de 2025
PANDERETEIRAS NO COLE
Con motivo da celebración das Letras Galegas, as Pandereteiras do Club de Xubiladas e Xubilados de Moaña viñeron visitarnos ó cole e agasalláronnos coa súa música. Gustounos muitísimo e pasámolo moi ben.
7 de maio de 2025
Coidando da nosa contorna
Obradoiros de lectura e de escrita.
Durante este curso estamos a xogar coas letras, as palabras, a música e o ritmo.
2 de maio de 2025
Aula Virtual
No cole contamos cun Aula Virtual na que podemos seguir aprendendo.
O mundo dixital é un pouco abrumador e nós imos paso a paso:
-Buscamos o espacio web.
-Familiarizámonos co teclado.
-Introducimos o noso usuario e contrasinal.