Bea, a mamá de Aldara fixo unha visita á clase de 1º.
Pasámolo moi ben!
Contounos un conto chulísimo!
Traía feitas todas as personaxes e unha delas era un crebacabezas.
Ao final deixounos facelo a nós!!
28 de abr. de 2015
Unha contacontos especial
Recibimos a visita dunha contacontos moi especial. A mamá de Samuel de 3º, Astrid, veu polas clases a contarnos un conto en inglés porque ela fala moi ben o inglés, xa que naceu en Norteamérica e sabe contar moi ben. Aprendemos unha canción cos nomes das cores e, por nós, pode vir máis veces.
Moitas grazas de parte da clase de 2º. As fotos din como estabamos atendendo.
Moitas grazas de parte da clase de 2º. As fotos din como estabamos atendendo.
9 de abr. de 2015
1º planta na horta
Onte, os nenos e nenas de primeiro, estivemos traballando na horta. Tocounos plantar leitugas e cabaciñas.
Aquí tedes unhas fotos que mostran o entretidos que estivemos e o moito que aprendemos.
Aquí tedes unhas fotos que mostran o entretidos que estivemos e o moito que aprendemos.
Etiquetas:
Curso 2014-2015,
Voz Natura
25 de mar. de 2015
2º recita un poema conto
Participamos nas actividades do mes da poesía aprendendo o conto popular rimado:
" O piollo e a pulga "
Debaixo está unha gravación do poema.
17 de mar. de 2015
Eclipse solar
O venres 20 de marzo, data na que remata o inverno, teremos no noso ceo un fenómeno dos máis curiosos e excepcionais da astronomía: un eclipse solar total.
Desde a biblioteca queremos acompañar este día de ciencia cun pouco de poesía, xa que ambas datas coinciden esta ano. Aquí deixamos unha pequena recompilación de poemas onde o sol é o protagonista:
Desde a biblioteca queremos acompañar este día de ciencia cun pouco de poesía, xa que ambas datas coinciden esta ano. Aquí deixamos unha pequena recompilación de poemas onde o sol é o protagonista:
27 de feb. de 2015
8 de feb. de 2015
4 de feb. de 2015
1º RECITA NO DÍA DA PAZ
Os nenos e nenas de 1º prepararon un poema para recitar aos compañeiros do colexio no Día da Paz.
2 de feb. de 2015
Poema da Paz
En 2º aprendemos o poema " Só tres letras " da poeta Gloria Fuertes e recitámosllo a todas as clases nas que tiñamos irmás ou irmáns. A profe Katy gravounos e quedou así.
28 de xan. de 2015
1º DAMOS OS BOS DIAS CON PAZ
Hoxe a clase de primeiro visitamos aos nenos e nenas de 6º de infantil.
Recitámoslles un poema que xa coñeciamos de Gloria Sánchez titulado "Un soldado detrás dun fusil"
Tamén recitamos a segunda parte que foi unha poesía inventada por nós para falar co soldadiño.
A poesía di así:
Ven con nós soldadiño
deixa as balas que fan tanto mal.
Temos xogos divertidos...
Queres con nós xogar?
Recitámoslles un poema que xa coñeciamos de Gloria Sánchez titulado "Un soldado detrás dun fusil"
A poesía di así:
Ven con nós soldadiño
deixa as balas que fan tanto mal.
Temos xogos divertidos...
Queres con nós xogar?
15 de xan. de 2015
Os primeiros días de chuva
Todos os nenos e nenas
de 2º dámoslle a benvida ao 2º trimestre.
Había moitos días que non chovía. Pero o martes 13 de xaneiro foi o 1º día de 2015 que choveu. Hoxe é xoves 15 de xaneiro e temos borrasca. Desde a nosa aula vemos a chuva caer.
Etiquetas:
2º de Primaria,
Aprender a aprender,
Curso 2014-2015
9 de xan. de 2015
Casas curiosas
Andivemos investiganto sobre tipos de casas e atopamos casas moi curiosas, este foi o noso traballo:
Etiquetas:
Curso 2014-2015,
Proxecto construímos
8 de xan. de 2015
A festa de Nadal en 2º
O último día de clase do 1º trimestre toda a clase estaba moi nerviosa pola chegada das vacacións de Nadal. Tivemos clase normal ata as 11; pero, non parabamos de preguntar cando tomaríamos o colacao con churros e virían os Reis Magos (escolares) a visitarnos. Para preparar a merenda tivemos a axuda de 2 compañeiras e 1 compañeiro de 6º que organizaron toda a mesa ata que se foron á súa clase a tomar a súa merenda. Fixéronno moi ben, a profe tivo máis tempo para nós e mentres xogamos por toda a aula co material que case nunca nos dá tempo a usar.



Etiquetas:
2º de Primaria,
Celebracións: O Nadal,
Curso 2014-2015
12 de dec. de 2014
1º e 2º desexa un Bo Nadal!!!!
Os nenos e nenas de primeiro e segundo, pintaron unha postal de felicitación das festas.
Etiquetas:
Celebracións: O Nadal,
Competencia dixital,
Curso 2014-2015
8 de dec. de 2014
1º e 2º na Fundación Barrié
O martes 2 de decembro as clases de 1º e 2º fomos de excursión a Vigo á Fundación Barrié. Antes merendamos e xogamos nun parque infantil moi grande e despois subimos polas rúas de Vigo ata o edificio da fundación.
As monitoras ensináronnos as salas dedicadas á exposición " Os pláticos na vida cotiá " e faláronnos do uso do plástico. Tamén, nos convertemos en arqueólogas e arqueólogos do futuro observando e debuxando restos de plásticos recollidos na praia.
Na clase traballamos sobre o que nos contaron e vimos e puxémolo en papel.
30 de nov. de 2014
Como nacemos
Na clase de estudo de 2º, aprendemos como nacemos, qué comparten os papás e as mamás para teren fillos ou fillas, coñecemos distintos tipos de familias... Velaquí tedes o vídeo coa montaxe que fixemos coas nosas voces e debuxos. Esperamos que vos guste!
16 de nov. de 2014
12 de nov. de 2014
2º e o día da ciencia
O 4 de novembro está dedicado a celebrar o día da ciencia e para celebralo as clases de 5º e de 6º fixeron experimentos que logo mostraron ao resto das clases. A nós e a 6º ensináronnos os seus as alumnas Henar, Aldara e Xoana. Baixamos á biblioteca e demostraron como pinchar un globo sen que estoupe, como conseguir que a pementa fuxa e como conseguir neve artificial. Estivemos todas e todos atentísimos porque foi moi interesante e porque o fixeron moi ben. As fotos serven de proba.
4 de nov. de 2014
Educación vial en E.F.
Os nenos e nenas de 6º de infantil e 1º de primaria aprenderon sobre os sinais de tráfico nunha sesión de E.F. Convertíronse en coches, motos, bicis.... Foi moi divertido.
3 de nov. de 2014
O RECREO CON CHUVA EN 2º
O luns 3 de novembro choveu toda a mañá. Xa non pasamos calor na aula; pero, non puidemos saír ao patio porque a chuva e o vento non pararon. A toda a clase lle encanta pasar o tempo de recreo xogando na aula. Aínda que a profe di que é mellor saír a airearnos, de vez en cando é divertido. A profe sacounos fotos.
Etiquetas:
2º de Primaria,
Aprendemos xogando,
Curso 2014-2015
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas










