14 de xuño de 2015

As plantas aromáticas

En 2º aprendemos a coñecer as plantas aromáticas que hai preto de nós. Algúns nenos e nenas levamos a clase algunhas e aprendemos toda a clase os seus nomes, o seu aroma, como son, para que se utilizan. Algúns nomes son a valeriana, o loureiro, o poenso, o hortelán, o pirixel, a herbaluísa, o ourego e moitas máis. Como tiñamos tantas plantas na aula decidimos facer un mural con elas e acompañalo dos nosos debuxos.
A profe sacou estas fotografías que ilustran parte do traballo.


11 de xuño de 2015

2º coñece as plantas do patio

Na clase de 2º estamos dedicámoslle moito tempo a estudar o tema " As plantas ". Unha das actividades que fixemos foi dar unha clase no patio do colexio para coñecer un pouco as plantas que vemos todos os días e nas que non nos fixamos moito. Coas fotos saíu este albume Picasa.


8 de xuño de 2015

Agora contamos nós en 2º

En 2º dedicamos moitas sesións da " Hora de ler" a aprender a contar e ler contos ao resto da clase. A profe gravounos e agora temos unha película de recordo.




27 de maio de 2015

2º no " Festival das Letras Galegas"


No "Festival das Letras Galegas" o curso de 2º cantamos e bailamos a canción "A vaca marela". 
Estivemos falando en clase sobre o que recordabamos do festival e escribimos estas impresións: 


"Cando subín ao escenario sentín moita vergonza porque había moito público mirándonos e se puxo a aplaudir". 

             Yago    Xulio    Dorian    Area    Erín    Valentina    Leire   Raúl   Sarah
 

 "Cando subín ao escenario estaba un pouco nerviosa".

                         Noa    Nerea

"Gustoume moito cando estaba no escenario cos meus compañeiros e compañeiras bailando".

                        Lara

 " Foi divertido cando me puxen a cantar."

 Natalia 

"Cando entrei no escenario cos meus compañeiros e compañeiras sentinme diferente". 

Zoe 

"Cando saín ao escenario con tantos aplausos sentín moita vergoña, pero cando acabamos con máis aplausos sentín moita alegría".

David

"Cando estaba no escenario sentín moita felicidade e emocioneime moito".

Uxía

"Cando o público aplaudiu sentín moita alegría, moita felicidade, sentinme ben".

Óscar     Arancha     Cayetana     Adrián     Saúl

"Cando subimos ao escenario despois duns segundos máis tarde, María detrás do telón empezou a bailar. Eu sabía que estaba bailando porque había unha ventá á que lle daba o sol".

Hugo

" Eu vou falar das obras porque a de 5º foi espectacular e a de 6º tamén. Os de 3º gustáronme moito e nós tamén o fixemos moi ben".

Daniela

"Gustáronme moito as obras e tiven un bo momento que nunca olvidarei".

Carla

22 de maio de 2015

4 de maio de 2015

Actividades Letras galegas 2015

Xa temos aquí as actividades do Seminario Galán 2015. Clica na imaxe para entrar:


29 de abr. de 2015

1º e 2º en Soutomaior

O martes 21 fomos de excursión ao castelo de Soutomaior como remate do proxecto " Os castelos". Compartimos con vós estas fotos para que vexades o ben que o pasamos e o que aprendemos.

28 de abr. de 2015

Bea vén contarnos un conto

Bea, a mamá de Aldara fixo unha visita á clase de 1º.
Pasámolo moi ben!
Contounos un conto chulísimo!
Traía feitas todas as personaxes e unha delas era un crebacabezas.
Ao final deixounos facelo a nós!!



Unha contacontos especial

Recibimos  a visita dunha contacontos moi especial. A mamá de Samuel de 3º, Astrid, veu polas clases a contarnos un conto en inglés porque ela fala moi ben o inglés, xa que naceu en Norteamérica e sabe contar  moi ben. Aprendemos unha canción cos nomes das cores e, por nós, pode vir máis veces.
Moitas grazas de parte da clase de 2º. As fotos din como estabamos atendendo.




9 de abr. de 2015

1º planta na horta

Onte, os nenos e nenas de primeiro, estivemos traballando na horta. Tocounos plantar leitugas e cabaciñas.
Aquí tedes unhas fotos que mostran o entretidos que estivemos e o moito que aprendemos.

25 de mar. de 2015

2º recita un poema conto


Participamos nas actividades do mes da poesía aprendendo o conto popular rimado: 


" O piollo e a pulga "

Debaixo está unha gravación do poema.



17 de mar. de 2015

Eclipse solar

O venres 20 de marzo, data na que remata o inverno, teremos no noso ceo un fenómeno dos máis curiosos e excepcionais da astronomía: un eclipse solar total.
Desde a biblioteca queremos acompañar este día de ciencia cun pouco de poesía, xa que ambas datas coinciden esta ano. Aquí deixamos unha pequena recompilación de poemas onde o sol é o protagonista:

27 de feb. de 2015

Entroido en 2º




En 2º xogamos aos torneos medievais despois de merendar.

8 de feb. de 2015

DÍA DA PAZ

4 de feb. de 2015

1º RECITA NO DÍA DA PAZ

Os nenos e nenas de 1º prepararon un poema para recitar aos compañeiros do colexio no Día da Paz.

2 de feb. de 2015

Poema da Paz

En 2º aprendemos o poema " Só tres letras " da poeta Gloria Fuertes e recitámosllo a todas as clases nas que tiñamos irmás ou irmáns. A profe Katy gravounos e quedou así.

28 de xan. de 2015

1º DAMOS OS BOS DIAS CON PAZ

Hoxe a clase de primeiro visitamos aos nenos e nenas de 6º de infantil.
Recitámoslles un poema que xa coñeciamos de Gloria Sánchez titulado "Un soldado detrás dun fusil"


Tamén recitamos a segunda parte que foi unha poesía inventada por nós para falar co soldadiño.
 A poesía di así:

 Ven con nós soldadiño
 deixa as balas que fan tanto mal.
 Temos xogos divertidos...
 Queres con nós xogar?

15 de xan. de 2015

Os primeiros días de chuva

Todos os nenos e nenas
de 2º dámoslle a benvida ao 2º trimestre.

Había moitos días que non chovía. Pero o martes 13 de xaneiro foi o 1º día de 2015 que choveu. Hoxe é xoves 15 de xaneiro e temos borrasca. Desde a nosa aula vemos a chuva caer.






9 de xan. de 2015

Casas curiosas

Andivemos investiganto sobre  tipos de casas e atopamos casas moi curiosas, este foi o noso traballo:


8 de xan. de 2015

A festa de Nadal en 2º

O último día de clase do 1º trimestre toda a clase estaba moi nerviosa pola chegada das vacacións de Nadal. Tivemos clase normal ata as 11; pero, non parabamos de preguntar cando tomaríamos o colacao con churros e virían os Reis Magos (escolares) a visitarnos. Para preparar a merenda tivemos a axuda de 2 compañeiras e 1 compañeiro de 6º que organizaron toda a mesa ata que se foron á súa clase a tomar a súa merenda. Fixéronno moi ben, a profe tivo máis tempo para nós e mentres xogamos por toda a aula co material que case nunca nos dá tempo a usar.

 
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas