24 de feb. de 2025
Adiviñas 4
21 de feb. de 2025
Adiviñas 3
19 de feb. de 2025
Adiviñas 2
Na clase de primeiro seguimos cos retos en forma de adiviña. Seredes capaces?
17 de feb. de 2025
Adiviñas en Quintela
12 de feb. de 2025
Pensamento computacional e linguaxe de programación en 1º
Canto aprendemos e traballamos cos robots que temos na biblio. Estivemos levando aos nosos robots ata os queixos que lle colocamos pola cuadrícula, escribindo previamente o percorrido que tiñan que facer nun papel e a través de frechas.
Foi moi divertido!
2 de feb. de 2025
Arte na aula de 1°
Que obras tan fermosas crearon as nenas e nenos de 1° relacionadas co inverno.
Observade!
31 de xan. de 2025
Investigamos e contamos
30 de xan. de 2025
Día da Paz
Hoxe conmemoramos no cole o Día da Paz coa visita dos pallasos de hospital Galiclown que nos fixeron rir moito.
Galiclown é unha asociación sen ánimo de lucro formada por voluntarios e voluntarias que dedican o seu tempo de lecer a visitar o hospital e facer rir e pasar un bo rato ás nenas e nenos alí hospitalizados.
Grazas por visitarnos e facernos rir tanto!
Ademais o alumnado lanzou avións de papel con mensaxes de paz
23 de xan. de 2025
Apadriñamento lector
O alumnado das clases de segundo e sexto de Primaria gozamos onte do apadriñamento lector organizado pola biblioteca do cole.
Xuntos compartimos as nosas lecturas favoritas.
27 de dec. de 2024
Aprendemos xogando
Velaquí un pequeno resumo dalgunhas actividades que fixemos para traballar a competencia matemática.
21 de dec. de 2024
Panxoliña aos Reis Magos do alumnado de 1º e 2º
Que contentos quedaron os Reis Magos na visita que fixeron ao cole. O alumnado de 1º e 2º cantoulles unha fermosa panxoliña. Os Reis trouxéronlles unha morea de agasallos e tamén lles deron caramelos.
Moitas grazas Maxestades por vir visitarnos!

20 de dec. de 2024
18 de dec. de 2024
Saída de Nadal
Con motivo do Nadal, os nenos e as nenas de primeiro de primaria aprenderon unha fermosa paxoliña e foron compartila cos compañeiros e compañeiras do colexio do Con, aproveitando así a ocasión para dar un paseo pola vila.
Aquí vos deixamos unhas fotiños de resumo. Que mañá tan emocionante!
18 de nov. de 2024
Cabo Udra
O alumnado de primeiro e segundo de primaria puido desfrutar dunha marabillosa xornada coñecendo Cabo Udra. Visitaron a aula da natureza, pasearon polos sendeiros e xogaron na praia.
Velaquí vos deixamos un pequeno resumo:
17 de nov. de 2024
Manualidades
Nas aulas de 1° e 2° están a recortar follas e facer ourizos para decorar os corredores do cole.
Que fermosos están quedando!
10 de nov. de 2024
Recantos da biblioteca e teares
Canto aprendemos e desfrutamos nos recantos da nosa biblioteca.
7 de nov. de 2024
Teatro Quintela
Comeza un novo proxecto neste curso 24/25. Este ano investigaremos sobre o teatro.
O primeiro día o alumnado entrou nun cole convertido por un día nun teatro, e levaron unha entrada invitando a toda a comunidade educativa a disfrutar dun curso cheo de teatro.
Espéranos un curso cheo de diversión e maxia, apredendo guións, bailes, sendo actores e actrices, preparando maquillaxes, vestiarios, escenarios, pero sobre todo...disfrutando do teatro.
5 de nov. de 2024
Poemas e ditos de outono na voz do alumnado de 1°
Que fermoso o poema de Antonio García Teijeiro e un dito e adiviña popular na voz do alumnado de 1° de primaria.
Non menos fermosos son os fondos debuxados por eles e elas.
Contacontos de Paula Carballeira
Que gran éxito tivo Paula Carballeira na sesión de contacontos!!
Paula, coas súas dotes interpretativas, levounos a bosques tenebrosos e aos mares de Xapón para rematar cunha pantasma na Illa de Cortegada.
Esta gran actriz, escritora e contacontos fixo as delicias do público pequeno, mediano e grande na nosa biblioteca.
Moitas grazas familias pola vosa participación!
.jpeg)


.jpeg)

.jpeg)








