5 de xuño de 2025

Festival das Letras Galegas

Agora si, agora xa podedes volver desfrutar das marabillosas actuacións do alumando de primeiro e segundo o día do Festival das Letras Galegas.

Saída á praza de abastos

O pasado martes, o alumnado de 1º de Primaria viviu unha experiencia moi especial: fixemos unha saída didáctica á praza de abastos da nosa localidade. E... que ben o pasamos!

Acompañados polo profesorado, comezamos a xornada camiñando xuntos, observando con atención todo o que nos rodeaba. 

Tivemos a sorte de ver de preto unha gran variedade de peixes: douradas, sardiñas, unha estrela de mar, e mesmo unha centola! Aprendemos os seus nomes e as súas características. Tamén descubrimos algúns aparellos de pesca, como as nasas, e falamos da importancia do mar para a nosa comunidade.

Nos postos de froita e verdura puidemos identificar moitos alimentos que xa coñeciamos e outros novos. Observamos as cores, as texturas e aproveitamos para falar da alimentación saudable.

E, por suposto, despois de tanta emoción, rematamos a mañá xogando no parque.

Foi unha xornada moi enriquecedora, na que aprendemos moito sobre a nosa contorna máis próxima dunha maneira vivencial e divertida.

🎥 Deixámosvos un vídeo resumo con algúns dos mellores momentos desta saída. Agardamos que vos guste tanto coma a nós!


 

4 de xuño de 2025

Que zona de Moaña prefires?

 O alumnado de 2° de primaria fixo unha enquisa a todo a alumnado do centro na que preguntaban que lugar de Moaña era o seu favorito entre as opcións que lles daban que eran: a pista do Casal, a Xunqueira, o Loft, a piscina municipal, o porto e a pista de atletismo.

E aquí o resultado recollido nun diagrama de barras.








31 de maio de 2025

As familias contan

 


Dylan e a súa irmá.


Roi e o seu papá.


28 de maio de 2025

A lufa

Os nenos e as nenas de primeiro recibiron un agasallo. Algo que non sabían moi ben que era ou para que servía. Resultou ser lufa, unha esponxa vexetal; e o mellor é que estaba cheíña de sementes. 
¡Puxémonos mans á obra!



 

Mirade que grandes están xa as nosas plantiñas:


Lecturas no patio

 Aproveitamos este tempo estival para saír ao patio traseiro limpar a horta de herbas improcedentes e ler contos. 

¡Canto nos presta!




27 de maio de 2025

As familias contan



Mar, a prima de Nara.


Éric e a súa irmá, Carmen.

Leire, a súa mamá e o seu irmán.

24 de maio de 2025

As familias contan

As familias seguen agasallándonos co seu tempo e o seu bo facer. 

¡Mil grazas!


 Elia e a súa mamá.


.


Noa e o seu papá.


Teo e a súa mamá.




20 de maio de 2025

As familias contan


 Este mes de maio comezamos o día con contos que as familias velen compartir con nós. 
¡Unha auténtica marabilla!


Aquí temos a Daniela coa súa mamá.


19 de maio de 2025

Paxaros para decorar en 1°

 Mirade que fermosos quedaron os paxaros que cortamos na cortadora láser e logo decoraron con lá enfiada nunha agulla as nenas e nenos de 1°.







15 de maio de 2025

Arte na aula de 2°

 Dentro do proxecto:"COUSAS DE MOAÑA: O noso fogar" o alumnado pensou que cousas lles gustaría ter en no seu pobo.

E para iso o alumnado de segundo está a facer construccións de papel: fábricas, parques de xogos, circuitos de coches e motos...

Logo as utilizaremos como escenarios para as nosas historias, faremos textos, teatro, e personaxes para xogar con elas.

A gozar!!!






13 de maio de 2025

PANDERETEIRAS NO COLE

 Con motivo da celebración das Letras Galegas, as Pandereteiras do Club de Xubiladas e Xubilados de Moaña viñeron visitarnos ó cole e agasalláronnos coa súa música.                                                                                                              Gustounos muitísimo e pasámolo moi ben.



7 de maio de 2025

Coidando da nosa contorna

Este ano plantamos moitísimo e comprobamos o importante que é coidar a nosa contorna.Así que decidimos aportar o noso gran de area a este ben común e comprométemonos a gastar menos auga e menos papel no noso día a día. 
E conseguímolo!

Obradoiros de lectura e de escrita.

 Durante este curso estamos a xogar coas letras, as palabras, a música e o ritmo.


2 de maio de 2025

Aula Virtual

 No cole contamos cun Aula Virtual na que podemos seguir aprendendo. 

O mundo dixital é un pouco abrumador e nós imos paso a paso:

-Buscamos o espacio web.

-Familiarizámonos co teclado.

-Introducimos o noso usuario e contrasinal.



30 de abr. de 2025

Concerto da Escola Municipal de Música

Fantástico o concerto que nos ofreceu a Escola Municipal de Música de Moaña co título "De que cor é un bico" dentro do programa Aprende Moaña.

25 de abr. de 2025

As familias contan

 Neste mes do libro moitas familias achegáronse ao colexio para disfrutar con nós dun momento de lectura. Moitas grazas a todas por animarnos a ler!

23 de abr. de 2025

DÍA DO LIBRO

Hoxe celebramos o Día do Libro na biblioteca do colexio, cunha sesión de contacontos moi especial, a cargo de Olalla González, compañeira do colexio e autora de moitos libros infantís. O alumnado, dende infantil ata os maiores do cole, disfrutaron coas súas historias.

FELIZ DÍA DO LIBRO!!!





22 de abr. de 2025

TRABALLAMOS NA HORTA

 No mes de marzo empezamos coa horta. Descubrimos moitos xeitos de plantar: por sementes, bulbos ou puga e César axudounos moito nas nosas investigacións.

Moitas grazas César.


COÑECENDO MOAÑA

 En segundo seguimos investigando sobre Moaña, xogamos aos xogos tradicionais que recuperamos investigando en familia e ademáis o avó de Anxo contounos como era Moaña cando el era pequeno.

Grazas familias!



As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas