Aquí temos os vídeos das Letras Galegas. Grazas a Xosé Villaverde "Villa", avó de Claudia que colaborou con nós facendo as fotos e vídeos do festival.
28 de maio de 2017
20 de maio de 2017
Visita á Comicon
Este ano ocelebrouse por primeira vez a Comicon en Moaña. Era unha exposición de Banda Deseñada, pero non só iso, tamén houbo música, obradoiros e baile.
A clase de segundo fomos admirar a flashmob que fixeron os nosos compañeiros, e o traballo que realizamos entre todos!
A clase de segundo fomos admirar a flashmob que fixeron os nosos compañeiros, e o traballo que realizamos entre todos!
11 de maio de 2017
Contacontos IES Carlos Casares
Hoxe aprendemos un pouco máis de Carlos Casares, o escritor das Letras Galegas 2017.
Viñeron ao cole un grupo de alumnos e alumnas do IES Carlos Casares de Vigo que investigaran moito sobre o escritor, tanto que lle deron no curso pasado un premio de Innovación en Normalización Lingüística .
Contáronnos un conto e xogamos a dous xogos on line que eles crearon coa axuda das súas profes.
Pasámolo moi ben, foi moi divertido ver como saían os personaxes de Casares no quebracabezas e na oca.
Moitas grazas Rubén, Lucía e Marta , e tamén ás profes Enma e Bea!!!!

Etiquetas:
1º de Primaria,
Celebracións: Letras Galegas,
Curso 2016-2017
10 de maio de 2017
Os contos das familias
Martiño tiña moitas ganas de que o seu pai viñese contarnos un conto. Así o fixo, compartiu connosco un delicioso conto ilustrado por Gemma Sales "Los buenos amigos"
9 de maio de 2017
O instituto fixonos unha visita!
Como ben sabedes, este ano adícaselle o día das Letras Galegas a Carlos Casares. Co gallo de ensinarnos un pouco máis sobre este autos o alumnado do IES Carlos Casares viñeron ao cole a compartir un momento con nos.
Xogamos en liña cos aplicacións que eles mesmos crearon. Podédelas atopar no seguinte enlace:
https://galaxiacasares.wordpress.com/
https://galaxiacasares.wordpress.com/
Tamén nos enseñaron unha canción que nos encantou!
7 de maio de 2017
A banda deseñada en primeiro curso
Os nenos e nenas de 1º estiveron analizando os libros de banda deseñada e, chegaron a conclusión de que teñen cousas moi curiosas que os libros de narrativa non teñen. Mirade que dixeron....
5 de maio de 2017
As familias contan
Marta veu á clase de primeiro cun interesante conto de Gerónimo Stilton. Era ademais o primeiro conto que Mara mercara nun mercadillo solidario.
O conto fala de Oliver, un neno que ten que desprazarse en cadeira de rodas e que vai atopando todo tipo de dificultades para poder moverse.

Marta explicounos que iso eran barreiras arquitectónicas e nós dixemoslle que as atopamos cando vimos andando ao cole e que a algúns dos nosos avós tamén lle pasaba, non podían acompañarnos ao cole porque polo camiño as beirarrúas non tiñan rampas nin eran o bastante amplas.
Marta e Fran deixáronnos unha caixiña dos desexos , para que fósemos gardando alí os nosos desexos. Alí a temos, enchéndose aos poucos.

4 de maio de 2017
A FROITA FAVORITA EN 2º CURSO
OS NENOS E NENAS DE 2º CURSO FIXEMOS UN CHATTERKID COA NOSA FROITA FAVORITA. MIRADE QUE BEN NOS QUEDARON!!!!
Etiquetas:
2º de Primaria,
Aliméntate ben,
Competencia dixital,
Curso 2016-2017
28 de abr. de 2017
As familias contan
En abril , o mes do libro, algunhas familias viñeron a 2º curso a leernos uns contos. Foi estupéndo! Moitas grazas Ana, Marcos e Mayca!
Qué rica, froita!
Esta foi a "semana da froita". As froitas apórtannos moitas cousas, unhas gústannos máis e outras un pouco menos, pero probámolas todas!
Etiquetas:
2º de Primaria,
Aliméntate ben,
Curso 2016-2017
27 de abr. de 2017
As familias contan
"Ñac, ñac", de Emma Yarlett é o conto que nos trouxo Tati Era un monstro moi comellón que se metía en todos os contos:
.
.
26 de abr. de 2017
A banda deseñada en primeiro
En primeiro curso estamos aprendendo a facer banda deseñada. As expresións son moi importantes. Mirade que ben o facemos!
Etiquetas:
1º de Primaria,
Meteoquintela
24 de abr. de 2017
20 de abr. de 2017
Imos de librerías!!
Polo mes de abril sempre nos gusta ver contos novos. Hoxe fomos visitar á biblio a exposición de contos cedidos polas librerías de Moaña.
Gustábannos moitos pero só podíamos escoller un!!! Que difícil!!
Gustábannos moitos pero só podíamos escoller un!!! Que difícil!!
6 de abr. de 2017
BANDA DESEÑADA EN TIC'S
Mirade como avanzaron os nenos e nenas de 2º na elaboración de cómics!!!
Etiquetas:
2º de Primaria,
Competencia dixital,
Curso 2016-2017
1 de abr. de 2017
Poemas birollos
Fran Alonso publicou este ano un divertido libro de poemas "Poemas birollos",que xoga coas palabras e as imaxes, é poesía visual. Xandro divertiunos moito con este poema:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas