30 de xan. de 2023

DigiCraft no teu cole. Códigos QR e realidade aumentada na aula de 1º de primaria

 

Este curso, os nenos e nenas de 1º están traballando no proxecto DigiCraft, destinado a mellorar a competencia dixital no alumnado.

Nesta sesión, traballamos buscando información sobre dinosaurios a través de códigos QR que nos permitían velos en realidade aumentada. Anotamos os datos nunha ficha e debuxamos as súas pegadas.

Gustoulles moito!



25 de xan. de 2023

DigiCraft no teu cole. Placas Makey Makey en 2º de primaria

 Na aula de 2º traballamos sobre o concepto de virus nos dispositivos electrónicos e no dano que ocasionan cando entran neles.

A continuación fixemos un xogo coas placas makey makey nas que tiñamos que quitar da pantalla do noso dispositivo todos os virus que o estaban contaminando.

Pasámolo xenial!



16 de xan. de 2023

Guess the present! Adiviñamos os nosos agasallos do Nadal na aula de inglés.

Non hai dúbida de que a todos nos encanta falar dos regalos que recibimos durante as vacacións do Nadal! Por iso, na aula de Inglés, fixemos un xogo para adiviñar o que Santa Claus e os Tres Reis Magos nos trouxeron. 



As instrucións eran sinxelas: volver a empaquetar o noso agasallo favorito en papel de regalo e preparar 3 pistas en inglés para que os demais intenten adiviñar o seu contido. O resultado foi o seguinte:




Pasámolo xenial e adiviñámolos todos, aínda que algún precisou algunha pista extra! Gracias as nosas familias molonas pola vosa colaboración! 

12 de xan. de 2023

Que gusto aprender matemáticas na aula de 2°

 Os nenos e nenas de 2° traballamos a medida lanzando avións  de papel feitos por nós.  Medimos a distancia acadada coa cinta métrica e anotamos os resultados na ficha de rexistro. Por último, na clase, calculamos o total dos diferentes equipos e comparámolos nunha gráfica de barras.

Que divertido foi!




11 de xan. de 2023

Os maiores axudan aos pequenos de 1° de primaria a facer a postal de Nadal

 Que postais para felicitar o Nadal tan fermosas fixeron os nenos e nenas de 1° coa axuda dos maiores do cole, os nenos e nenas de 6° de primaria. Que pracer volver compartir momentos…



23 de dec. de 2022

Panxoliña para os Reis Magos de 1° e 2°

 Que contentos quedaron os Reis Magos coas panxoliñas que lles cantaron e bailaron os nenos e nenas de 1º e 2º, os cales recibiron uns agasallos e caramelos.



22 de dec. de 2022

Postais Nadal de 1º e 2º de primaria

 Que fermosas tarxetas fixeron os nenos e nenas de 1º e 2º coa aplicación Paint para desexarnos un Bo Nadal e unhas felices festas.


20 de dec. de 2022

1º visita a escola infantil do Con

 

Hoxe visitamos a Escola Infantil O Con. Os nenos e nenas que viñan de alí, emocionáronse visitando a súa anterior escola e presentando aos novos amigos e amigas de Quintela. Pasámolo moi ben! Cantamos para eles Tres reis en bicicleta, do libro Xa me tardan estes magos. Eles tamén cantaron para nós outra panxoliña, e despois cantamos xuntos.


19 de dec. de 2022

Festa de Nadal

Xa quedan poucos días para a festa de Nadal.

A clase de segundo elaborou estes orixinais carteis que anuncian o programa para o día 22 de decembro.

Quedaron fermosos!! Bo traballo!!





16 de dec. de 2022

Xornada de Sensibilización DOWN

 O pasado martes recibimos na escola aos representantes de  Xuntos, que traballa para a integración desde a Asociación DOWN de Pontevedra. Nesta xornada de sensibilización participamos nunha sesión de contacontos. Contáronnos o conto da cebra e o seu paraugas multicolor. Vaia sorpresa cando apareceu a cebra de verdade!

 Gustáronnos moito!

Moitas grazas Xuntos!



2º canta a súa panxoliña aos nenos e nenas da Galiña Azul

 

Visitamos  A galiña azul, a Escola Infantil que está ao lado do cole de Quintela. Foi moi emocionante, porque algúns nenos e nenas foran alí cando eran pequenos. Cantamos a panxoliña, A luz do Nadal, do libro Xa me tardan estes magos. O texto desta canción é de Antonio García Teijeiro. Despois de cantar, convidáronnos a unha merendiña

15 de dec. de 2022

Obradoiro de cociña na sesión de inglés

Hoxe, os nenos e nenas de 1° e 2° elaboraron as súas galletiñas do Nadal nun taller de cooking coa profe Noe. Tras varios días lendo e traballando o conto ‘The Gingerbread Man’ na clase de inglés, os nosos pequenos cociñeiros e cociñeiras puxéronse mans a obra para facer estas cookies tan famosas e típicas desta época do ano. Tende coidado na casa se facedes esta receita, os Gingerbread Man acostuman saír correndo en canto abrimos o forno. 

‘Run, run, as fast as you can. You can’t catch me, I am the Gingerbread Man.’









25 de nov. de 2022

CONMEMORACIÓN DO 25N

 

Hoxe conmemoramos o 25 N no cole. Fixemos uns murais entre todos os nenos e nenas do cole, pegando fotos dun neno e unha nena cunha palabra pegada sobre un fondo morado. Saíron palabras moi fermosas como amizade, amor, respecto...

Aquí deixamos un pequeno resumo da xornada.





12 de nov. de 2022

MAGOSTO

10 de nov. de 2022

Amigos e amigas lectoras

Os nenos e nenas de primeiro tivemos  a gran sorte coñecer e de compartir un momento da xornada co alumnado de quinto.  

Foi  unha hora de ler moi especial. Mirade as fotos e xulgade vós mesmos¡


9 de nov. de 2022

DigiCraft no teu cole. Placas Makey Makey en 2° de primaria

 

Na aula de 2º retomamos o traballo iniciado no curso anterior dentro do proxecto DigiCraft no teu cole. Fixemos un xilófono con cartolina e papel de alumnio para conectalo ás placas Makey Makey e así crear son ao escanear un código QR e abrir un programa creado con Scratch. 

Gustounos moito!


8 de nov. de 2022

Plantamos bulbos de outono

Hoxe plantamos bulbos de outono! Foron xacintos e narcisos. Igual parece algo sinxelo, pero traballamos moito. Eleximos en equipos o bulbo que queríamos plantar, botamos terra nas macetas entre todos e todas, puxemos dentro o bulbo con moito agarimo e regamos. Xa iremos contando como van medrando!







5 de nov. de 2022

Nós somos os nenos e nenas de 1º e gústanos...

 Aquí deixamos un traballo feito polos nenos e nenas de 1º coa aplicación ChatterKid, na que sobre un debuxo feito por eles e coa súa cara pegada, gravaron a súa voz. 

Quedoulles moi fermoso!

29 de out. de 2022

Samaín

 Mirade que cabazas tan chulas fixemos coa colaboración das nosas familias! A nosa exposición de cabazas é fermosísima e... dá moito meeeedo!






25 de out. de 2022

Programamos na aula de 2°

 Nestes primeiros días de Tic's, os nenos e nenas de 2º estivemos xogando coas Osmo e cos ratos robot, programando os movementos para avanzar polo espazo.

Canto nos gustan este tipo de actividades!



As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas