15 de dec. de 2013

1º recibe outra visita

O xoves 12 de decembro  a clase de 1º estaba traballando e alguén petou na porta. A profe foi ver quen era e encontrouse coa nai de Hugo que quería ensinarnos algo. Resulta que Hugo e a súa irmá teñen unha mascota moi especial: unha cría de iguana. De momento é moi pequena, pero pode medir máis dun metro de longo!!!! Hugo está moi contento coa súa mascota e estaba feliz de ensinala a toda a clase.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas