Neste 2º trimestre seguimos observando día a día o crecemento dos bulbos de xacinto que plantamos en novembro. Para nós medraron moito. Pero, cando visitamos a aula de 2º levamos unha sorpresa enorme: os seus bulbos estaban grandísimos e tiñan flor. Falamos entre todos e vimos que a nosa aula está na parte de atrás do colexio e recibe menos sol ca de 2º, que está na parte de adiante.
As fotos mostran a diferencia:
Os nosos bulbos
Os bulbos de 2º
Nós seguimos observando día a día e regándoos e mirade o que xa medraron unha semana despois.
Nos primeiros días de febreiro estaban así de grandes e olorosos. Comprobamos que un era de cor violeta escuro.
Quixemos saber como estaban os bulbos de 2º e fomos darlles unha visita. Os seus están empezando a secar.
Nós seguimos coidando os nosos xacintos. No mes de marzo acabaron por nacer todos e comprobamos que un era branco e os outros dous eran morados.
Pasaron os días e empezaron a secar. Cando sequen de todo imos gardalos para plantalos o curso que ven.
Chegou o mes de abril e os bulbos están todos secos. Cortámoslles as follas , desenterramos as cebolas, limpámolas de terra e gardámolas nunha caixa ata o curso que vén.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios