Como todos sabedes, estes días estamos a traballar a Educación Vial no cole. Unha das actividades preparadas foi coa PDI (Pizarra Dixital Interactiva) que nos gusta moito...
No cole estamos a traballar sobre a Educación Vial. Imos ter unhas charlas e uns circuítos que nos vai preparar a Xefactura de Tráfico, pero xa estivemos practicando nas aulas e nas sesións de E.F.
Os nenos e nenas de primeiro empezamos o curso cun conto. Foi "Crictor", de Tomi Ungerer. Crictor é.....unha serpe moi especial. Fixo as delicias de todos nós.
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas