31 de mar. de 2020

Tarefas de matemáticas para segundo de primaria

Bos días!
Esta mañá empezaremos visualizando este vídeo para lembrar que son os polígonos. Estade moi atentas e atentos.


A continuación podedes facer unha creación artística na que aparezan formas poligonais. Tamén podedes engadir as formas circulares, aínda que xa sabedes que non son polígonos. Pode ser un debuxo ou un collage..Se decidides facer un collage utilizade o que teñades pola casa: recortes de revistas, cachos de cartulinas ou de teas, etc..
Outra variedade de creación sería facer polígonos con pauciños ou palillos e nos vértices poñerlle bolas de plastilina para unir os lados.
Lembrádevos de poñerlle un nome ás vosas creacións. Seguro que tedes moi boas ideas.
Ide gardando estes traballos e sacándolle fotos. Cando  volvamos podemos facer unha exposición.

Para a  numeración déixovos estes enlaces onde podedes repasar:
http://www.juntadeandalucia.es/averroes/centros-tic/41009470/helvia/aula/archivos/repositorio/0/74/html/datos/02_Mates/03_Recursos/01_t/actividades/numeros/04.htm

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/centros-tic/41009470/helvia/aula/archivos/repositorio/0/74/html/datos/02_Mates/03_Recursos/01_t/actividades/numeros/05.htm

Finalmente, se vos apetece, aquí queda este reto matemático: Coloca nas casillas os números, do 1 ata o 8. A única condición é que os números non sexan consecutivos (o 1 non pode estar ao lado do 2, etc.)




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas