ACTIVIDADES PARA 1º E 2º DE PRIMARIA
BOS DÍAS!
XA ESTAMOS A MÉRCORES E ESTREAMOS MES: "ABRIL"
ESTA MAÑÁ DESPEDIREMOS O MES DE MARZO QUE DEDICAMOS Á POESÍA NO COLE.
PROPOÑÉMOSVOS QUE ENTREDES NO BLOG DO NOSO COLE http://poemasparapeques.blogspot.com/ IMOS TRABALLAR CO POEMA DE ANA Mª FERNÁNDEZ TITULADO "QUIXERA SER UNHA NUBE"
O PRIMEIRO QUE IMOS FACER VAI SER LELO E A CONTINUACIÓN, ESCRIBILO E DECORALO. AS NENAS E NENOS DE PRIMEIRO, EN LUGAR DE ESCRIBIR TODO O POEMA, PODEN COPIAR UNHA ESTROFA, A QUE MÁIS LLES GUSTE.
DESPOIS PODEDES MEMORIZALO E RECITARLLO Á VOSA FAMILIA COMO FACIAMOS NO COLE. SEGURO QUE LLES GUSTA MOITO!
NESTE POEMA ANA Mª FERNÁNDEZ FALA DO CANTO DO REISEÑOR.
O REISEÑOR É UNHA AVE COÑECIDA POLA BELEZA DO SEU CANTO, QUE ANUNCIA A CHEGADA DA PRIMAVERA.
SE QUEREDES AMPLIAR OS VOSOS COÑECEMENTOS SOBRE AS AVES PODEDES VER ESTE VÍDEO.
AGARDAMOS QUE VOS GUSTE.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios