26 de mar. de 2020

Coloreamos no ordenador

Xa nos están chegando os primeiros debuxos do xogo que temos no blog. 
Aixa quixo compartir con todos e todas o seu fermoso traballo. 
Animádevos e enviádenos máis. Xa sabedes cal é o noso correo.
Aixa e Iago enviannos estes fermosos traballos. Grazas por compartir os vosos traballos!!

Seguimos recibindo debuxos. Grazas Ancor polo teu fermoso debuxo!!
karla tamén quer aporatr o seu fermoso debuxo
Uxía tamén nos envía o seu debuxo. Fantástico!

JULEN
AITANA

25 de mar. de 2020

Coloreamos

Queredes colorear co ordenador? 
Entrade na imaxe, vaivos gustar e se queredes enviarnos unha foto do que coloreades poderemos subila ao blog. Xa sabedes cal é o noso correo. Animádevos!!



Creamos poesías

Ana Mª Fernández compuxo moitos fermosos poemas.
Na primeira semana de marzo traballamos na clase o poema titulado "Polas rúas de Tulús" e fixestes estas fermosas composicións. 
Seguro que vos gusta volver a lelas.






24 de mar. de 2020

Museo do Mar, de Vigo

Deixámosvos a montaxe de fotografías da saída que fixemos ao Museo do Mar de Vigo, onde nos falaron das especies mariñas que viven preto das nosas costas e da importancia de coidar e respectar o mar, así que da reciclaxe.

 

 A música que acompáña o vídeo, "Cómo quieres que te quiera" está tirada do disco de Odaiko e Vanesa Muela.

23 de mar. de 2020

Recursos en galego

Aulas Galegas é un portal educativo que ofrece diariamente recursos e material educativo en galego ao alumnado, ás familias e ao profesorado
Premede na imaxe para acceder e seleccionade o nivel que desexades consultar

















Un poema para empezar a semana

O día 21 celebrouse o Día da Poesía. Como xa traballamos este divertido poema de Ana Mª Fernández na clase, déixovolo aquí para que o lembredes. Se vos apetece podedes copialo, memorizalo e facer as vosas composicións como fixemos na clase.

20 de mar. de 2020

Un pouco de música

Aquí vos deixamos un recurso musical elaborado por un portal educativo chamado "Aulas Galegas". Podedes aprender a canción e a coreografía que fixeron as nenas e nenos do CEIP de Oímbra.
Con todos vós: Naturizo chegou!

Rematou o inverno

Esta madrugada rematou o inverno e comezou a primavera. 
Esta actividade axudaravos a lembrar  vocabulario relacionado co inverno.





18 de mar. de 2020

Xoga cos números

Aquí vos deixamos un xogo de matemáticas  para que enrededes estes días. Podedes facer as sumas e restas.
Premede na imaxe e dádelle á pantalla grande, para traballar mellor.

13 de mar. de 2020

INFORMACIÓN SOBRE A SUSPENSIÓN DAS CLASES

PARA O ALUMNADO DE INFANTIL E PRIMARIA
Seguindo as instrucións da Consellería de Educación, as clases e demais actividades académicas , xunto cos servizos de plan Madruga, comedor e actividades extraescolares, quedan suspendidas desde o luns 16 de marzo.
Desde o centro facemos un chamamento para extremar as medidas de precaución, hixiene e aillamento ditadas polas institucións sanitarias, colaborando así co mínimo espallamento da infección. 
O centro permanecerá aberto ata vindeiras recomendacións da Consellería, pregando que vos comuniquedes vía telefónica para calquera aclaración que precisedes.
PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA:
A partir das 12 h. do día de hoxe 13 de marzo e ata as 6 da tarde, as familias poden pasar polo centro para recoller material e tarefas para os cursos de 1º a 6º  de Primaria.
En canto ao seguimento das tarefas, o profesorado estará a disposición de cada titoría a través do seguinte correo electrónico:
primeirocicloenquintela@gmail.com

A dirección

11 de mar. de 2020

En marzo regalamos poesía

PRESENTÁMOSVOS UNS TRABALLOS QUE FIXEMOS COA APLICACIÓN “SCRATCHJR”, A PARTIR DA POESÍA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO, CO GALLO DO MES DA POESÍA. 







9 de mar. de 2020

Plantando!

ESTA SEMANA TOCOUNOS ENSUCIAR AS MANS: PLANTAMOS BULBOS DE DALIAS. OS BULBOS SON AS RAÍCES DOS QUE, CUN POUCO DE LUZ DO SOL E AUGA, BROTARAN AS FLORES.
CADA ANO A FLOR NACERÁ, MURCHARÁ E REPETIRÁ O CICLO.


ZAIRA E IVANNA  UN  BULBO

VALERIA E AITOR  ESTAN  PLANTANDO PLANTAS

ENZO GOMEZ E  ENZO MENDUIÑA PLANTAN  PLANTAS



LIAH E NICO

NAHARA E ÓSCAR 


LUCAS Y CARMEN  PLANTAN  DALIAS  

7 de mar. de 2020

Stop motion en 2º

O alumnado de 2º de primaria elaborou este stop motion cos traballos escritos e debuxos que fixeron do plumeiro da Pampa.
Así de ben lles quedou.


.

Presentación: "Plumeiro da Pampa"

Na clase de 2º estivemos investigando sobre unha planta invasora: "O plumeiro da Pampa". 
As familias aportáronnos moita información e imaxes e aquí vos deixamos esta presentación. Agardamos que vos guste. Moitas grazas familias pola vosa colaboración.

5 de mar. de 2020

2º practica e aprende cos ordenadores


Os nenos e nenas de 2º curso están aprendendo as funcións básicas para o manexo de procesadores de texto cos ordenadores.
Aproveitando que estamos no mes da poesía, copiaron un poema de Ana María Fernández na aplicación Word.





4 de mar. de 2020

2 de mar. de 2020

ENTROIDO 2020

28 de feb. de 2020

Compañeiros e compañeiras de lectura

Hoxe algúns dos nenos e nenas de quinto curso baixaron á  nosa clase  para compartir a hora de ler. Foi un momento moi agradable que nos gustou moito! 

UXIA E MARINA  LENDO  UN  CONTO


AROA E GAEL LEN UN CONTO

NICO, MATEO E ÓSCAR

ENZO E RAFA  LEN MOI TRANQUILOS UN CONTO

IVANNA E ALBA

MATEO, LOIS E ENZO

LOREA E CARMEN

MARTA E ZAIRA

LIAH E MÍA

ADRIÁN, VALERIA E NAHARA

SCRATCH JR NA AULA DE PRIMEIRO

Os nenos e as nenas de primeiro crean historias desenvolvendo  a súa creatividade. Pronto veredes que produccións tan chulas.








4 de feb. de 2020

Todos facemos caca


Aos nenos e nenas de 1º. encántalles a canción Todos facemos caca, de Susa Herrera, inspirada no libro do mesmo título. Escoitade que ben cantan!

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas