A clase de 2º desexámosvos un feliz Día da Poesía e unha feliz entrada na primavera🙂🌸🌺🌞
21 de mar. de 2022
Recitado no Día da Poasía
DIGICRAFT NO TEU COLE. MERGE CUBE EN 1°
Hoxe traballamos a realidade aumentada con xogos de derribar barreiras con superpoderes. As barreiras aparecían ao enfocar o merge cube coas tablets.
Gusto unos un montón!
18 de mar. de 2022
Taller de perfumes en 2º
10 de mar. de 2022
"Avoas"
Hoxe, o alumnado de Quintela, achegámonos á sala “Celso Parada” para ver a obra de teatro titulada “Avoas” da compañía de teatro “Run Run” da que forma parte a nosa profe Galicia.
Estas fantásticas avoas invitáronos a participar nas actividades da súa Asociación.
Con elas desfrutamos moito e coñecimos as grandes historias dalgunhas mulleres bravas.
Día da árbore
Aínda que con algo de retraso, aquí vos deixamos unha mostra da saída ao monte da Fraga na que participamos as clases de 2º e 3º con motivo da celebración do "Día da árbore".
A actividade foi organizada polo Concello de Moaña dentro do programa "Aprende Moaña" e nela colaboraron as Comunidades de Montes.
Prantamos árbores, compartimos momentos disfrutando da natureza e bailamos coa actuación musical da "Orquesta Pantasma"
9 de mar. de 2022
Aprendemos a manexar ordenadores en 2°
Na aula de 2º estamos aprendendo a manexar ordenadores (encendido, apagado, conectar rato, abrir carpetas, gardar documentos). Para iso, aproveitamos o poema que escribirmos no día de Rosalía. Traballamos sobre a aplicación Microsoft Office Word, no que aprendemos sobre tamaño de letra, acentuación das palabras, maiúsculas e minúsculas, enter, barra espaciadora....
8 M “Día da muller”
Traballamos a figura de “Marisa Núñez” mestra e escritora e tamén unha fantástica contadora de historias e a figura de “Ashley Fiolek” unha gran corredora de motocross.
DigiCraft no teu cole. Axudamos a Diodi na aula de 1º de primaria
Nesta sesión, os nenos e nenas tivemos que prestar a nosa axuda a Diodi, a mascota do proxecto DigiCraft, para conseguir abrir un maletín que contén todo o material para traballar nas vindeiras sesións. O maletín estaba pechado cun cadeado e Diodi non lembraba o contrasinal. Para axudarlle, resolvemos unha serie de pistas que nos levaron a conseguir os números para abrir o cadeado.
Gustounos moito!
26 de feb. de 2022
23 de feb. de 2022
Rosalía de Castro en 2°
Hoxe é o día de Rosalía e, na aula de 2º traballamos uns versos do seu poema "Las campanas" nos ordenadores. Aprendemos sobre o procesador de textos Microsoft Office Word, e gustounos moito tanto o poema como escribilo no ordenador!
21 de feb. de 2022
Mes do amor na aula de 1º
Os nenos e nenas de 1º fixeron uns carteis moi fermosos de amor variado...
17 de feb. de 2022
Mes do amor na aula de 2º
Febreiro é o mes do amor e, na aula de 2º fixemos un StopMotion cun poema de Antonio García Teijeiro titulado "Namoradiñas do vento" que publicou no seu libro "Un rato díxolle á lúa".
Mirade que fermoso quedou....
2 de feb. de 2022
DIGICRAFT NO TEU COLE. CÓDIGOS QR EN 1° E 2°
Esta semana, o alumnado de 1º e 2º visitou virtualmente o Mueseo Carmen Thyssen, ubicado en Málaga, no que buscaron uns cadros que eles tiñan en papel pero sen cor, polo que puideron devolverlle a súa cor unha vez que viron como estaban pintados os do museo.
28 de xan. de 2022
SORRISOS POLA PAZ
DIGICRAFT NO TEU COLE. CONCEPTO DE NETIQUETA E USO CORRECTO DOS DISPOSITIVOS EN 2°
Aprendemos sobre a linguaxe empregada correctamente cando estamos nas redes e tamén sobre o uso axeitado dos dispositivos cando traballamos con eles.
24 de xan. de 2022
DIGICRAFT NO TEU COLE. MINIXOGOS PARA TRABALLAR OCONCEPTO DE NETIQUETA E OUTROS EN 1º
19 de xan. de 2022
DIGICRAFT NO TEU COLE. APRENDEMOS SOBRE OS DEREITOS DE USO DA INFORMACIÓN COAS SPHERO MINI EN 2º
Nesta ocasión, aprendemos sobre o tratamento da información e as licencias xogando coas Sphero Mini.
Estivo xenial!
14 de xan. de 2022
DIGICRAFT NO TEU COLE. ZOWI NA AULA DE 2°
21 de dec. de 2021
VISITA DOS REIS MAGOS
Hoxe visitáronnos os Reis Magos! Cantámoslles as nosas panxoliñas e eles trouxéronnos agasallos e déronnos caramelos. Aquí podedes ver o ben que nos saíu a actuación!