5 de maio de 2023

Circuitos eléctricos en papel na aula de 1° e 2°

 

O alumnado de 1º e 2º estivemos traballando os circuitos eléctricos en papel con leds aproveitando o mes do libro.

Fixemos un circuito cun led, cobre e unha batería. A continuación debuxamos un personaxe ou algunha escena do noso libro favorito.

Quedaron moi chulos!


27 de abr. de 2023

CONTACONTOS

Este mércores, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Infantil e 1º e 2º de Primaria fomos ó auditorio do Centro cultural Daniel Castelao e gozamos cos  "Contos a pé da rúa"  de Caxoto. Esta actividade é unha máis das organizadas para celebrar O día do Libro.


 

19 de abr. de 2023

Plantamos na horta

 Os nenos e nenas de 1º e 2º estivemos plantando na horta unhas leitugas. Con moito coidado fixemos un buratiño, botamos abono e con moitisimo agarimo, plantámolas. E despois, coa regadeira, a regar!




14 de abr. de 2023

2° cosendo en cartón

 

Na clase de 2º iniciamos un novo recanto: costura!

Cosemos sobre cartón. É un xeito moi chulo de reutilizalos. Nestes cartóns, as profes, fan diferentes debuxos e perfóranos para que nós o teñamos máis doado.  Logo,podemos animarnos a decoralos máis, ben con máis fíos ou ben con rotus. A costura pode servirnos para desenvolver a nosa creatividade, para mellorar a nosa motricidade e, por suposto, relaxarnos e gozar!




13 de abr. de 2023

Preparamos a horta

 En 1º e 2º, estivemos traballando moito na horta. Quitamos as herbas e removemos a terra, porque na vindeira semana, plantaremos 



 

31 de mar. de 2023

En 1° xogamos nos recantos da biblio

 Hoxe, as nenas e nenos de 1° xogamos nos distintos recantos da biblio. Tiñamos moitas ganas de explorar e aprender co material que alí hai.

Pasámolo xenial!








29 de mar. de 2023

Mes da poesía en 1º

Na clase de música, celebraron tamén o mes da poesía, cantando un poema de María Victoria Moreno, con música de Susa Herrera.

 

Mes da poesía na aula de 2°

Na clase de música de 2º, estivemos cantando un poema de Antonio García Teijeiro, con música de Susa Herrera. É un poema ben lindo. Esperamos que vos guste!


OS SOLPORES

 

Os solpores teñen ollos

negros, grises e vermellos,

que aloumiñan as mociñas,

os rapaces e os máis vellos.

Lalai lalailai, lalai lalala…

 

Os solpores teñen ollos,

misteriosos, mentireiros,

que deitan o seu rubor

encol dos soños baleiros.

Lalai lalailai, lalai lalala…

 

Os solpores teñen ollos,

solermiños, rebuldeiros,

que danzan coa paisaxe

nos veráns e nos invernos.

Lalai lalailai, lalai lalala…

 

Os solpores teñen ollos

inspirando mil historias

que acontecen nas aldeas,

nas montañas e nas costas.

Lalai lalailai, lalai lalala…




Matemáticas manipulativas en 2º de primaria

 Que divertido traballar cos xeoplanos formando figuras xeométricas con gomas. Traballamos os vértices, os lados en común...

Estivemos moi entretidos e aprendemos un montón!







28 de mar. de 2023

Plantamos árbores autóctonas

Hoxe estivemos plantando árbores autóctonas no monte de Domaio. Foi unha actividade realizada coa Comunidade De Montes de Domaio, en colaboración co Concello, dentro del programa Aprende Moaña





Xogamos con material de refugallo en E.F.

En E.F. traballamos e damos importancia ao uso de materiais de refugallo para coidar o planeta. Divertímonos moito!

27 de mar. de 2023

Visitamos o Museo do Mar

 O mércores, visitamos o Museo do Mar. Puidemos coñecer moitos animais mariños. Vimos o acuario, e mesmo o esquelete dun cachalote! E aínda quedou un tempiño para xogar na praia.

26 de mar. de 2023

DigiCraft no teu cole. Augmented Class para facer realidade aumentada en 1°

Na aula de primeiro estivemos coloreando elementos relacionados cos vikingos, cargámolos na aplicación Augmented Class e, ao enfocalos coa tablet, pois fomos quen de velo en realidade aumentada! 







14 de mar. de 2023

Lectura compartida

 

Hoxe as nenas e nenos de sexto e segundo compartimos a hora de ler na biblioteca coa actividade amigos/as lectores/as. Nesta sesión a dinámica mudou un pouco e  fomos os pequenos os que lles contamos aos maiores. 

10 de mar. de 2023

Escornabot e rato robot en 1°

 Que divertido traballar a linguaxe de programación e o pensamento computacional cos rato robot e os Escornabot.




Escornabot, ratos robot e Osmo Coding en 2º de primaria

 Na clase de 2º estamos a traballar a linguaxe de programación e o pensamento computacional empregando diverso material como son as Osmo Coding, os ratos robot e os Escornabots.

Moito nos gusta traballar con eles!

8 de mar. de 2023

DigiCraft no teu cole. Chatbot e visita virtual ao museo Frida Kahlo na aula de 2º primaria

 O alumnado de 2º descubriu o funcionamento dun chatbot, xa que nos axudou a descubrir a identidade dunha artista moi coñecida. Logo de averiguar que se trataba de Frida Kahlo, visitamos o seu museo de xeito virtual, no que buscamos os cadros e prendas de roupa que tiñamos na ficha para devolverlles a súa cor.

Gustounos moito!



4 de mar. de 2023

DigiCraft no teu cole. Realidade aumentada en 1° de primaria

 Os nenos e nenas coñeceron a aplicación QuiverMask. Pintaron as súas máscaras, pegáronnas na pizarra e, ao enfocalas coa tableta e colocarse diante delas, a máscara aparecía nas súas cabezas!



2 de mar. de 2023

Monthly English Challenge - March!

Novo mes e novo reto de Inglés. Xa que o mes e o trimestre acaba coas vacacións de Semana Santa e Pascua, o reto é seguir esta manualidade paso por paso, ou step by step, para facer Easter Bunnies (Coelliños de Pascua). Cando estén listos, pedímosvos que os traiades ao cole para decorar as aulas. Grazas unha vez máis pola vosa colaboración! Happy Easter!















Carnival Crepes!

O reto de Inglés do mes pasado foi facer 'Carnival Crepes', ou o que é o mesmo, 'Filloas de Entroido'. Para iso, tiveron que seguir unha receita publicada no blog. Os nosos reposteiros e reposteiras do cole puxéronse mans á obra, e coa axuda da familia, fixeron estas delicias. Well done everyone!







Aquí tedes o link da receita por se queredes facela ou repetila. Dixéronme que estaban boísimas! 


As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas