Como nos gusta aprender xogando cos ratos robot. Traballamos as sumas en mate e a asociación de palabras con imaxes en lingua empregando estes ratos tan simpáticos.
4 de nov. de 2023
3 de nov. de 2023
Samaín en 1º
Estas son as nosas cabazas de Samaín! Dan moooooito medo!
29 de out. de 2023
Superpoderes, Concerto da Escola de Música
Estes somos nós
Chegamos a Primaria cargados de soños, iniciando unha nova etapa importante na nosa escolaridade. Neste vídeo a clase das Formigas, de 1º de Primaria preséntase cos seus desexos e soños.
18 de out. de 2023
Matemáticas, lingua e ciencias con Scratch Junior en 2º
Os nenos e nenas de 2º estivemos aprendendo en ciencias sobre os gatos. Aplicamos o que investigamos creando unhas escenas no programa Scratch Junior, nas que creamos diálogos co contido traballado.
Fixémolo en pequenos grupos, uns traballabamos matemáticas cunha ficha de conteo e outros coas tabletas.
13 de out. de 2023
Andaina de outono
Este é o vídeo da andaina xunto ao río Rialdarca. Tamén fomos á Xunqueira e xogamos no parque. Aproveitamos e aprendemos algunha cousiña: recoñecemos árbores e algunhas plantas silvestres e diferenciamos especies autóctonas de invasoras. E, sobre todo, pasamos un tempiño agradable xuntos. Así da gusto comezar o curso e recibir o outono!
Gozamos no recuncho Maker da biblio
Cómo nos gusta este espazo da biblio. Os nenos e nenas de 2° tiñamos moitas ganas de usar as Osmo, os xogos de construción e algúns dos xogos de mesa que temos alí.
2 de out. de 2023
Xogos cooperativos en E.F.
Este curso, iniciamos as clases de E.F. dun xeito moi divertido e que nos gusta moito a todas e todos... xogando co paracaídas. Fixemos unha morea de xogos, cada cal máis divertido. Pasámolo moi ben!
26 de set. de 2023
Comezamos 2º
Con moita ilusión comezamos un novo curso, por fin estamos en segundo, estamos no piso de arriba!
25 de set. de 2023
Comezamos Primaria
O grupo de primeiro comezou a súa andaina por Primaria.
Comezamos contando un conto, Onde estás Caracol?. Unha historia sobre a amizade, de Susanna Isern e Leire Salaberria.
Contaremos moitos contos, para acercarnos á lectura e a escritura, e para encher de imaxes as nosas conversas.
15 de xuño de 2023
27 de maio de 2023
Festival Letras Galegas
23 de maio de 2023
As familias contan en 2º de Primaria
Onte acompañounos Inma, mamá de Inés e Ana. Leunos o conto Las princesas también se tiran pedos, co que pasamos un rato moi divertido. Grazas por visitarnos un día máis!
16 de maio de 2023
As familias contan en 2º de Primaria
O luns acompañounos Silvia, mamá de Dani, e xuntos léronnos o conto “Te quiero (casi siempre)”. Moitas grazas 😊
12 de maio de 2023
Saída á praza de abastos de Moaña.
A semana pasada, a clase das orcas saíu do cole para visitar os diferentes postos da praza de abastos de Moaña. Velaquí un breve resumo:
Os recantos da biblio
11 de maio de 2023
As familias contan en 2º
O mércores tivemos unha visita moi especial con doble conto. Os pais de Chloe deleitáronnos os sentidos coas historias Una cena monstruosa e Un regalo monstruoso. Grazas familia pola vosa colaboración!
9 de maio de 2023
As familias contan en 2º de Primaria
Hoxe tivemos na clase de segundo a Eduardo, pai de Iohanna, para lernos un conto e coñecer a historia do Xigante egoísta.
Grazas, Eduardo!
8 de maio de 2023
As familias contan en 2º de Primaria
Hoxe tivemos na clase de segundo a Jeni, mamá de Dani, para lernos un conto e coñecer a historia de Monstro Azul. Grazas, Jeni!
5 de maio de 2023
Circuitos eléctricos en papel na aula de 1° e 2°
O alumnado de 1º e 2º estivemos traballando os circuitos eléctricos en papel con leds aproveitando o mes do libro.
Fixemos un circuito cun led, cobre e unha batería. A continuación debuxamos un personaxe ou algunha escena do noso libro favorito.
Quedaron moi chulos!










