7 de nov. de 2024

Teatro Quintela

Comeza un novo proxecto neste curso 24/25.  Este ano investigaremos sobre o teatro. 

O primeiro día o alumnado entrou nun cole convertido por un día nun teatro, e levaron unha entrada invitando a toda a comunidade educativa a disfrutar dun curso cheo de teatro.

Espéranos un curso cheo de diversión e maxia, apredendo guións, bailes, sendo actores e actrices, preparando maquillaxes, vestiarios, escenarios, pero sobre todo...disfrutando do teatro.


5 de nov. de 2024

Poemas e ditos de outono na voz do alumnado de 1°

 Que fermoso o poema de Antonio García Teijeiro e un dito e adiviña popular na voz do alumnado de 1° de primaria.

Non menos fermosos son os fondos debuxados por eles e elas.


O Samaín

 Velaquí unhas fotiños presentando as nosas cabazas de Samaín.












Contacontos de Paula Carballeira

 Que gran éxito tivo Paula Carballeira na sesión de contacontos!!

Paula, coas súas dotes interpretativas, levounos a bosques tenebrosos e aos mares de Xapón para rematar cunha pantasma na Illa de Cortegada.

Esta gran actriz, escritora e contacontos fixo as delicias do público pequeno, mediano e grande na nosa biblioteca.

Moitas grazas familias pola vosa participación!




30 de out. de 2024

A clase de Primeiro

Este curso 2024-2025 é para nós un ano moi especial pois... COMEZAMOS PRIMARIA!
Estamos impacientes por todas as actividades e aprendizaxes de "maiores" que nos agardan!


1 de out. de 2024

Estamos en segundo

 Subimos ao piso de arriba, xa estamos en segundo.



24 de xuño de 2024

As lerias de primeiro

 Estes son os programas de radio que fixemos neste curso. Agardamos que vos gusten.


7 de xuño de 2024

Actuacións nas Letras Galegas

1º de primaria: "Quero ser cowboy"

 

2º de primaria: "A xente riciños"

Primeiro na radio

 Fomos coñecer o estudio de radio para facer uns programiñas coas nosas lerias . Gustounos moito escoitar as nosas voces gravadas.




6 de xuño de 2024

poesía todos os días

 Un novo producto recién saído do forno de RadioQuintela.

Esperamos que vos guste.


5 de xuño de 2024

Poesía todos os días

 Os nenos e as nenas de segundo visitaron a aula de radio. 

¡Menuda experiencia tan emocionante!

Velaquí o resultado do noso traballo.


4 de xuño de 2024

Poesía todos os días

 Os nenos e as nenas de segundo siguen regalándonos poesía.


3 de xuño de 2024

Saída ao parque dos sentidos

 Que fermoso día de convivencia que tivemos o alumnado de 1° e 2°.


Poesía todos os días

 Os nenos e as nenas de segundo de primaria comezan esta semana de xuño con moita enerxía, que rima con POESÍA!

15 de maio de 2024

Xogos de mesa e construcións na biblioteca en 2°

 Hoxe xogamos na biblioteca cos distintos xogos de mesa e tamén coas construcións. Tivemos o parchís, a oca, a cabana, o lego, a horta dos caracois e os gameforts.





13 de maio de 2024

Visita á praza de Moaña

 A clase de primeiro foi visitar a Praza de Abastos de Moaña. Alí agardábanos Alex para guiarnos na vista.

Aprendemos moito sobre os peixes, Como fai o rape para cazar aos peixiños, por que o Martiño ten unha mancha escura e moitas curiosidades  máis.

Esta actividade está organizada polo Concello de Moaña, no seu programa Aprende Moaña.

Gustounos moito a visita.


As familias contan en 2° de primaria

Nesta ocasión, visitounos Yolanda, a nai de Yannick, que nos leu, xunto con Yannick, unha fermosa historia de Rayo McQueen e os seus amigos.

Grazas Yolanda por vir visitarnos!



8 de maio de 2024

Recantos en 2° de primaria

 Hoxe, tivemos tempo para xogar e relaxarnos coas nosas compañeiras e compañeiros desfrutando dos distintos xogos que temos na aula. Houbo quen pintou, quen escribiu no seu diario ou na axenda, tamén houbo persoas que xogaron ás cartas, coas osmo...

Foi un momento moi agradable...





7 de maio de 2024

Bailamos e cantamos

 Na clase de música de 2º estivemos cantando e bailando a canción O león mariño, do libro En cabárceno se oye cantar, de Susa Herrera. É unha canción moi divertida. Animádevos a bailar!



3 de maio de 2024

Matemáticas coas Osmo en 1°

 Canto aprendemos xogando coas Osmo. Explotamos burbullas con números para que un peixiño puidese chegar ao mar e tamén traballamos nunha pizzería facendo diversas pizzas e cobrando o seu custo.

Pasámolo moi ben!






As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas