24 de set. de 2014

Saúdo de 2º

Ola Quintela! Por fin, saúdamos.

Somos a clase de 2º e queremos dicirvos que é xenial volver ao cole.
Coa foto veredes o que medramos.

Un saúdo



19 de set. de 2014

Todos sois mis favoritos

Na clase de Estudo de 2º lemos este fermoso conto. Despois falamos e reflexionamos sobre esas veces nas que sentimos que queren a outros máis que a nós.


Neste conto uns osiños preguntan aos seus papás cal é o favorito, porque pensan que non todos poden selo á vez. O seu papá e a súa mamá, con moita sinxeleza e cariño, explícanlles que cada un é diferente, e cada un é especial e favorito.

2 de xul. de 2014

Contacontos en 1º


A nai de Uxía contounos un conto na Hora de ler. Moitas grazas de parte de toda a clase.


A



Contacontos en 1º


A nai de Natalia contounos dous contos na Hora de ler.  Moitas grazas de parte de toda a clase.








1 de xul. de 2014

Contacontos en 1º


O pai de Xulio contounos un conto na Hora de ler. Moitas grazas de parte de toda a clase.







Paseo a Meira


Despedindo o curso



27 de xuño de 2014

Plantamos bulbos en 1º

A clase de 1º dedicou moito tempo a observar o crecemento dos bulbos de xacinto.



11 de xuño de 2014

Hoxe vimos dúas vacalouras!

Hoxe empezamos a mañá cunha sorpresa: Laura e Aldara, da clase de 4º trouxéronnos unhas vacalouras para que as puidesemos ver. Son uns insectos curiosos e non son fáciles de atopar. Ademais, puidemos ver a diferenza entre macho e femia: os machos teñen unhas enormes mandíbulas que parecen cornos e son moito máis grandes. Aquí tendes unhas fotos


O noso libro favorito

Aos nenos e nenas da clase de 1º gustounos moito o libro El gran concurso de la caca. É un libro divertido, e ten unhas simpáticas ilustracións. 

9 de xuño de 2014

A froita en 2º

Para celebrar a semana da froita, os nenos e nenas de 2º fixemos diversas actividades. Aquí tendes unha mostra:
Pintamos bodegóns:
Escribimos a receita dunha macedonia de froita. Fixémolo tan ben que queremos que as vexan todos, por iso as temos no corredor do cole:
E, para acabar, inventamos frases para animarvos a todos a comer moita moita froita!

5 de xuño de 2014

Na clase de 2º estivemos falando sobre os traballos artesanais. Lucía amosounos un pequeno torno que  nos fixo lembrar o traballo dos oleiros.

27 de maio de 2014

O NOSO LIBRO FAVORITO



O noso libro favorito
Na clase de 2º o libro que máis nos gustou este curso titúlase " Quen vive aquí " de Ana María Fernández. Memorizamos moitas poesías que aparecen nel e pasámolo moi ben.




22 de maio de 2014

Os animais da orquestra

Mirade que baile tan divertido! É a canción A orquestra, do libro Toc, toc, de Pablo Díaz.

9 de maio de 2014

Conta que che conto

Contamos un conto en 1º

8 de maio de 2014

28 de abr. de 2014

Os poetas de 2º

Os nenos e nenas de 2º somos uns poetas. Entre todos escribimos diferentes poesías que logo escribimos e recitamos. Mirade que fermoso resultado!

22 de abr. de 2014

10 de abr. de 2014

O can

En clase de música cantamos e bailamos a canción do can. Gústanos moito. Sobre todo, dar saltos e tocar as palmas mentres cantamos. A canción é do libro de Susa Herrera Animais encantadores

31 de mar. de 2014

Recitamos poesía

Os nenos e nenas de 2º recitamos unha poesía de Ana María Fernández aos compañeiros de 5º.
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas