Na clase de estudo de 2º, aprendemos como nacemos, qué comparten os papás e as mamás para teren fillos ou fillas, coñecemos distintos tipos de familias... Velaquí tedes o vídeo coa montaxe que fixemos coas nosas voces e debuxos. Esperamos que vos guste!
30 de nov. de 2014
16 de nov. de 2014
12 de nov. de 2014
2º e o día da ciencia
O 4 de novembro está dedicado a celebrar o día da ciencia e para celebralo as clases de 5º e de 6º fixeron experimentos que logo mostraron ao resto das clases. A nós e a 6º ensináronnos os seus as alumnas Henar, Aldara e Xoana. Baixamos á biblioteca e demostraron como pinchar un globo sen que estoupe, como conseguir que a pementa fuxa e como conseguir neve artificial. Estivemos todas e todos atentísimos porque foi moi interesante e porque o fixeron moi ben. As fotos serven de proba.
4 de nov. de 2014
Educación vial en E.F.
Os nenos e nenas de 6º de infantil e 1º de primaria aprenderon sobre os sinais de tráfico nunha sesión de E.F. Convertíronse en coches, motos, bicis.... Foi moi divertido.
3 de nov. de 2014
O RECREO CON CHUVA EN 2º
O luns 3 de novembro choveu toda a mañá. Xa non pasamos calor na aula; pero, non puidemos saír ao patio porque a chuva e o vento non pararon. A toda a clase lle encanta pasar o tempo de recreo xogando na aula. Aínda que a profe di que é mellor saír a airearnos, de vez en cando é divertido. A profe sacounos fotos.
Etiquetas:
2º de Primaria,
Aprendemos xogando,
Curso 2014-2015
22 de out. de 2014
A clase de 1º coñecemos a Antón Patiño
O martes 14 estivemos no Museo do Mar.
No museo estivemos con Antón Patiño.
Despois merendamos en Samil.
Ao final voltamos ao cole.
Antes de facer a excursión estivemos recordando con Mayca todo o que aprendemos de Antón Patiño o ano anterior.
No museo estivemos con Antón Patiño.
Despois merendamos en Samil.
Ao final voltamos ao cole.
Antes de facer a excursión estivemos recordando con Mayca todo o que aprendemos de Antón Patiño o ano anterior.
20 de out. de 2014
Os nenos e nenas de 1º e 2º estivemos traballando unha gráfica con recomendacións de merendas saudables e nutritivas, moi boas para o crecemento.
Aquí tedes unha foto dela.
Aquí tedes unha foto dela.
13 de out. de 2014
Proxecto Antón Patiño
Mañá martes imos visitar a exposición de Antón Patiño e visitar o Museo do Mar, en Vigo.
Este é o proxecto que fixemos sobre Antón Patiño cando estabamos en Infantil:
Este é o proxecto que fixemos sobre Antón Patiño cando estabamos en Infantil:
Etiquetas:
Curso 2014-2015,
Saímos da escola
12 de out. de 2014
2º fai unha plantación na aula
A profe Merchi trouxo moitas landras e na súa clase fixeron unha plantación delas. Como tiñan tantas regaláronnolas a 1º e 2º e tamén, buscamos as que poidemos no patio de atrás do cole. Avisounos de que tiñamos que deixalas en remollo para ver cales servían e cales non: só nos quedariamos coas que non flotaran. O día do plantío fomos por grupos ao fondo da aula para facelo. Cando acabamos levamos a nosa horta portátil a un sitio fresco e escuro porque o necesitan e a nosa aula é moi quente.
Gustounos moito o contacto coa terra e isto é o que sentimos:
Sentín un frescor.
A terra estaba un pouco mollada e era suave.
Notei as burbullas brancas que se vían polo medio.
Daban ganas de tocala para sempre.
Estaba negra.
Era como se a miña man tocara algodón.
Daba gustiño tocala, como se acariñara a un canciño ou a un gatiño.
Tan agradable era que quedou toda aplastada e apretada.
Ao cabo dunha semana a profe subiu as dúas caixas de plástico nas que se meteron as nosas macetas de reciclaxe( os tetra-brick) e despois de fixarnos ben comprobamos que non cambiara nada. A pesar de que algún ou algunha xa vía raíces subindo e talos medrando.
Chegou xaneiro e fomos ver como estaba a nosa plantación. Subimos as caixas á nosa aula e deixámolas estar para ver como medraban as plantas. Van pasando os días e xa hai mini árbores con follas. Outras macetas aínda non teñen nada e hainas que xa comezan a mostrar un talo.
As fotos coas macetas sacámolas o 3 de febreiro.
Por fin, levamos para casa as nosas árbores para poñelas en macetas máis grandes e despois plantalas no monte ou nunha veiga que teñamos.
Ata outra!
Chegou xaneiro e fomos ver como estaba a nosa plantación. Subimos as caixas á nosa aula e deixámolas estar para ver como medraban as plantas. Van pasando os días e xa hai mini árbores con follas. Outras macetas aínda non teñen nada e hainas que xa comezan a mostrar un talo.
As fotos coas macetas sacámolas o 3 de febreiro.
Ata outra!
Etiquetas:
2º de Primaria,
Curso 2014-2015,
Voz Natura
2º e os ollos
Estamos a traballar en Coñecemento O corpo. Preguntámonos uns a outros pola cor dos ollos e tamén ás nosas mestras María e María. Este foi o resultado despois de facer o reconto entre toda a clase. Pero, houbo algunha cor que tivemos que revisar entre todos porque non estabamos de acordo.
Eramos 27 a contar: 7 nenas e nenos teñen os ollos verdes, 2 son de cor azul, 1 ten os ollos negros e 17 teñen os ollos marróns. Hai unha cor que destaca moito e outra que está soíña. Cales serán?
As fotos ilustran a busca da información.
8 de out. de 2014
24 de set. de 2014
Saúdo de 2º
Ola Quintela! Por fin, saúdamos.
Somos a clase de 2º e queremos dicirvos que é xenial volver ao cole.
Coa foto veredes o que medramos.
Un saúdo
Somos a clase de 2º e queremos dicirvos que é xenial volver ao cole.
Coa foto veredes o que medramos.
Un saúdo
Etiquetas:
2º de Primaria,
Inicio de curso
19 de set. de 2014
Todos sois mis favoritos
Na clase de Estudo de 2º lemos este fermoso conto. Despois falamos e reflexionamos sobre esas veces nas que sentimos que queren a outros máis que a nós.


Neste conto uns osiños preguntan aos seus papás cal é o favorito, porque pensan que non todos poden selo á vez. O seu papá e a súa mamá, con moita sinxeleza e cariño, explícanlles que cada un é diferente, e cada un é especial e favorito.
Etiquetas:
2º de Primaria,
Biblioteca escolar,
Competencia emocional,
Curso 2014-2015
2 de xul. de 2014
Contacontos en 1º
A nai de Uxía contounos un conto na Hora de ler. Moitas grazas de parte de toda a clase.
A
Contacontos en 1º
A nai de Natalia contounos dous contos na Hora de ler. Moitas grazas de parte de toda a clase.
1 de xul. de 2014
Contacontos en 1º
O pai de Xulio contounos un conto na Hora de ler. Moitas grazas de parte de toda a clase.
Paseo a Meira
Despedindo o curso
27 de xuño de 2014
Plantamos bulbos en 1º
A clase de 1º dedicou moito tempo a observar o crecemento dos bulbos de xacinto.
11 de xuño de 2014
Hoxe vimos dúas vacalouras!
Hoxe empezamos a mañá cunha sorpresa: Laura e Aldara, da clase de 4º trouxéronnos unhas vacalouras para que as puidesemos ver. Son uns insectos curiosos e non son fáciles de atopar. Ademais, puidemos ver a diferenza entre macho e femia: os machos teñen unhas enormes mandíbulas que parecen cornos e son moito máis grandes. Aquí tendes unhas fotos
O noso libro favorito
Aos nenos e nenas da clase de 1º gustounos moito o libro El gran concurso de la caca. É un libro divertido, e ten unhas simpáticas ilustracións.
Etiquetas:
1º de Primaria,
Biblioteca escolar,
Curso 2013-2014
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas





