25 de feb. de 2016

2º na hora de ler

Hoxe os nenos e nenas de 2º estivemos na biblioteca escoitando contos en Inglés que nos contou Douglas, o noso auxiliar de conversa americano.


2° tamén se apunta ao material de refugallo en E.F.

Nesta ocasión xogamos a quitar o rabo.

Recordando a Rosalía

Onte celebramos a Rosalía de Castro, unha figura moi importante para a literatura, sobre todo galega.
Os nenos e nenas de segundo baixamos á biblioteca  onde nos xuntamos con máis compañeiros do colexio.
Primeiro os máis pequenos  recitaron para nós.
Para rematar, a clase de terceiro e nós, recitamos unha parte do poema "Campanada de Bastabales"





22 de feb. de 2016

1° xoga aos bolos

Outra actividade de coordinación na clase de 1° foi intentar facer pleno xogando aos bolos.


17 de feb. de 2016

15 de feb. de 2016

Que rico o Entroido!

As cociñeiras e cociñeiros de 1º queren agradecer a todas as familias por estes postres tan ricos cos que disfrutamos no cole o pasado venres de Entroido. 
Umm, que rico, eu repito!








Material de refugallo en primeiro

Os nenos e nenas de primeiro traballamos a coordinación óculo-manual con latas e tapas!




12 de feb. de 2016

Febreiro, mes do amor

En febreiro:
Onde vas?
- Veño da Candela, vou para S. Blas.

Febreiro , o mes das candelas, da Candelaria, cando casan os paxariños.....
Este ano non sabemos se van casar moitos con tanta choiva, pero como di a tradición han de ser moi felices!!!!
 Como todos os cursos febreiro é o mes no que escribimos sobre os sentimentos de afecto, así que preparade as vosas cartas de amos para expoñer nos corredores.

9 de feb. de 2016

A LETRA DAS COPLAS

Aquí vos deixamos as Coplas que elaboraron os nenos e nenas de infantil e os cursos de primaria para cantárllelas aos compañeiros, compañeiras e ás familias o venres, día 5. Este ano o mundo da cociña foi o protagonista.

As coplas do Entroido de primeiro e segundo cursos




4 de feb. de 2016

DÍA DA PAZ

1° aprende a saltar a comba




2° e a coordinación con material de refugallo

Que ben o pasamos en E.F. traballando con botes de suavizante!




FELIZ ENTROIDO

Os nenos e nenas de 2º desexámosvos que pasedes un divertido Entroido

1 de feb. de 2016

METEOQUINTELA



Con este proxecto, o alumnado desenvolverá competencias en investigación medioambiental mediante a observación directa do clima na nosa escola, e así tomaremos datos das precipitacións e das temperaturas, grazas a estación metereolóxica que temos instalada no noso centro, que consta dun termómetro e dun pluviómetro.



Diariamente, o alumnado do centro, por turnos (este mes tócalle aos maiores do cole),anotará a chuvia recollida, a temperatura máxima, mínima e actual, e anotarán estes datos  na entrada do colexio, nun taboleiro, para que así todo o alumnado poida cosultar eses datos e traballar logo nas diferentes aulas.



Estes datos  permitirán obter unha serie de datos estatísticos como a temperatura máxima do mes, cal foi o día que máis choveu, canto se recolleu, cantos días de sol tivemos,..

Xa vos iremos contando como vai a nosa investigación!

30 de xan. de 2016

9 de dec. de 2015

As postais de 2º curso

Desde a clase de 2º, coa música de Mamá Cabra (Panxoliña para os ratos) e as postais feitas por nós, queremos desexarvos unhas BOAS FESTAS!!



Postais de nadal de 1º curso

Os nenos e nenas de 1º curso, coa música de Mamá Cabra (Tres Reis en bicicleta) a as súas postais, deséxanvos un BO NADAL!


8 de dec. de 2015

1º e 2º visitamos O Castro e Naturnova


Hai pouco máis dunha semana as clases de 1º e 2º  fixemos unha viaxe moi interesante,pois descubrimos as marabillosas vistas da ría de Vigo dende o Castro e coñecemos para que o utilizaban os antigos castrexos.
Despois da merenda no parque, dirixímonos a Naturnova onde estivemos, por exemplo, mergullándonos nun submarino para coñecer a vida nas profundidades da nosa ría; descubrindo os planetas ou coñecendo moitas curiosidades sobre as abellas e outros insectos.
Aquí vos deixamos algunhas fotos.








3 de dec. de 2015

Premio ao traballo por proxectos

Estamos moi contentos/as! 
O noso centro acada, unha vez máis, un premio ao seu traballo
Acaba de publicarse a resolución do II Concurso de traballos por proxectos impulsados dende a biblioteca escolar. O noso cole vén de ser premiado polo proxecto "Construimos" desenvolvido o curso pasado, e no que participou toda a comunidade educativa.

Esta é a publicación na páxina da xunta:

Resolución concurso proxectos 

Para ver parte do noso proxecto:

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas