Este curso, os nenos e nenas de 2ºxa somos maiores. Estamos no andar superior do colexio!!!!!! Desde a nosa aula, queremos dar un saúdo a todos os nosos compañeiros e compañeiras.
Ola a todos e todas:
Somos os nenos e nenas de 1º de Primaria.
Na clase somos 15 .
Estos días estamos moi ocupados facendo carteis, e aprendendo cousas novas.
O primeiro día estabamos moi nerviosos, e tiñamos moita fame. As 10 xa queríamos merendar!
Queredes ver unhas fotos?
Lois Pereiro, o seu irmán e outros músicos crearon o grupo Radio Océano.Os nenos e nenas de 1º cantaron o dia do festival das letras galegas " O rock da miña rúa " eles e elas tamén son rokeiros.....
Na clase de primeiro investigamso un pouco sobre Xulia Minguillón, que é unha pintora galega, e fixemos debuxos dos cadros para regalarllos ós nenos e nenas do cole de Brea-Segade de Taragoña. Eles están traballando un proxecto sobre a pintura, e así lles axudamos
Pronto iremos a visitalos!.
Como xa sabemos ler moi ben estamos lendo entre todos un libro que se chama: Lecturas para dormir a un rei. O protagonista do conto regalounos unha estrela espantapesadelos para poñer debaixo da almofada e ter sempre soños bonitos.......
Algúns nenos e nenas do segundo ciclo viñeron ensinarnos aos de 2º de Primaria como buscar e gardar ben os libros na biblioteca. Despois da súa explicación, puxéronos tarefa: gardar libros de diferentes temas, no sitio correcto:
Os nenos e nenas maiores do cole están facendo cartas de amor.Son cartas de amor aos amigos, a súa mascota, aos seus irmás, aos seus pais,.. Despois van presentalas ao concurso de cartas de amor que convoca a biblioteca do noso cole, por segundo ano. Este curso tamén hai concurso para pais e nais. Animádevos. Mirade aqui si queredes saber mais.
Desde Vide eses amigos que temos en As Neves, vía Sarmenteiros chéganos esta recompilación de contos de paz. Moitos deles poderedes atopalos na exposición que preparamos entre todos e todas:
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas