30 de set. de 2011

O noso corpo

Para os nenos e nenas de 1º que estamos aprendendo cousas do corpo, mirade que xogo:

Visto no CEIP Manuel Fraga

26 de set. de 2011

Estamos no andar superior!


Este curso, os nenos e nenas de 2º xa somos maiores. Estamos no andar superior do colexio!!!!!! Desde a nosa aula, queremos dar un saúdo a todos os nosos compañeiros e compañeiras.  


BO INICIO DE CURSO!

21 de set. de 2011

Estamos en primeiro!

Ola a todos e todas: Somos os nenos e nenas de 1º de Primaria. Na clase somos 15 . Estos días estamos moi ocupados facendo carteis, e aprendendo cousas novas. O primeiro día estabamos moi nerviosos, e tiñamos moita fame. As 10 xa queríamos merendar! Queredes ver unhas fotos?




1 de xul. de 2011

CAMPIONS


Xoel, David e Aaron gañaron o campionato de fubito.Están moi ledos coas suas copas.Noraboa!!!

LOIS PEREIRO ROKEIRO !



Lois Pereiro, o seu irmán e outros músicos crearon o grupo Radio Océano.Os nenos e nenas de 1º cantaron o dia do festival das letras galegas " O rock da miña rúa " eles e elas tamén son rokeiros.....

25 de maio de 2011

Xulia Minguillón

Na clase de primeiro investigamso un pouco sobre Xulia Minguillón, que é unha pintora galega, e fixemos debuxos dos cadros  para regalarllos ós nenos e nenas do cole de Brea-Segade de Taragoña. Eles están traballando un proxecto sobre a pintura, e así lles axudamos
Pronto iremos a visitalos!.

Estrelas Espantapesadelos

Como xa sabemos ler moi ben estamos lendo entre todos un libro que se chama: Lecturas para dormir a un rei. O protagonista do conto regalounos unha estrela espantapesadelos para poñer debaixo da almofada e ter sempre soños bonitos.......

Que boa colleita!

O luns recollimos na horta as nosas leitugas que medraron moito grazas a auga que lle botamos. Fixemos na casa unha ensalada moi rica.

19 de abr. de 2011

Contacontos para nós


Os nenos e nenas do 1º ciclo disfrutaron cos contos que lles contou Iago López:

2 de abr. de 2011

Aprendemos a gardar os libros na biblioteca

Algúns nenos e nenas do segundo ciclo viñeron ensinarnos aos de 2º de Primaria como buscar e gardar ben os libros na biblioteca. Despois da súa explicación, puxéronos tarefa: gardar libros de diferentes temas, no sitio correcto:

5 de mar. de 2011

Xogamos coas formas e os espazos

Xogamos coas formas

Os nenos e nenas de primeiro xogamos coas formas e os espazos:

25 de feb. de 2011

Xogo Lim sobre o Entroido

Desde o CRA Raíña Aragonta , vía CGENDL, chéganos este xogo no que aprenderás como se celebrao entroido noutros lugares de Galicia:

23 de feb. de 2011

Os de primeiro fixemos un agasallo

Os nenos e nenas de 4º curso contáronos na biblioteca o conto da Cebra Camila.
Gustóunos moito, e decidimos facerlles moiiiiiiitas cebras Camila :

15 de feb. de 2011

As pombiñas da paz en 1º


No dia da Paz, Aldara botou unha pombiña a voar.
E despois pintaron moitas pombiñas na clase, cheas de desexos de Paz.







14 de feb. de 2011

Xogo do corpo humano

Deixamos aquí un xogo sobre o corpo humano da Comunidade de Castela e León:

10 de feb. de 2011

Concurso de cartas de amor

Os nenos e nenas maiores do cole están facendo cartas de amor.Son cartas de amor aos amigos, a súa mascota, aos seus irmás, aos seus pais,..
Despois van presentalas ao concurso de cartas de amor que convoca a biblioteca do noso cole, por segundo ano.
Este curso tamén hai concurso para pais e nais. Animádevos.
Mirade aqui si queredes saber mais.

24 de xan. de 2011

Contos de Paz

Desde Vide eses amigos que temos en As Neves, vía Sarmenteiros chéganos esta recompilación de contos de paz. Moitos deles poderedes atopalos na exposición que preparamos entre todos e todas:

9 de xan. de 2011

Empezando o ano

Deixamos aquí os nosos bos desexos para este ano que comeza:

8 de xan. de 2011

Os bosques

O Ano 2011 é o Ano internacional dos bosques. Entra e xoga para aprender cousas do bosque
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas