24 de out. de 2011

Canta con Mamá Cabra

Era noite de trebón
nun vello e mouro castelo,
a auga caía a chuzos
e os lóstregos a miles.


Oes dentro un barullo
de alaridos e lamentos,

era noite de trebón

nun vello e mouro castelo.

Bule, bule, bule, bule,
bailan, bailan os espectros,

bailan, bailan esqueletes,

sapos, monstros e morcegos.
Bailan, bailan as pantasmas,
monstros, bruxas e curuxas.

Bule, bule que aínda é cedo

e hoxe toca pasar medo.



Bule, bule, bule, bule,
bailan, bailan os espectros,
bailan, bailan esqueletes,
sapos, monstros e morcegos.
Bailan, bailan as pantasmas,
monstros, bruxas e curuxas.
Bule, bule que aínda é cedo
e hoxe toca pasar medo

Como estamos no Samaín, imos ver o conto de "Corre corre Cabaciña" que tanto nos gusta.

17 de out. de 2011

Un lío de dedos!


Hoxe, na clase de informática, practicamos a colocación das mans no teclado do ordenador. Menudo lío que nos fixemos! Colocabamos as mans nas letras que a profe pedía, pero cando nos despistabamos, todos os dedos movíanse de lugar.

Aprendemos a escribir ASDF e ÑLKJ cos dedos correspondentes. Despois, fixemos un xogo online que nos pedía aplicar o aprendido.
Pasámolo moi ben!

12 de out. de 2011

Atando os amallós

Hoxe Juan fíxonos unha demostración do ben que sabe atar os amallós:

10 de out. de 2011

Reciclamos


 Os nenos e nenas de primeiro temos uns manteis para merendar moi especiais: Son xornais vellos. Deste xeito reciclamos, mentras merendamos!!!
E algún ata aproveita para ler a tira cómica.
Humm! Que rico está todo!

Na aula tic

O primeiro día na clase de Novas tecnoloxias aprendemos a entrar no blog do primeiro ciclo. Despois xogamos con un xogo que nos gusta moito, dunha pantasma.



2 de out. de 2011

O outono

Un xogo de outono para os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria:

30 de set. de 2011

Aprendemos máis cousas do noso corpo

Entra no debuxo, e pon o cursor enriba dos puntos para aprender os nomes.

Seguimos aprendendo cousas do noso corpo:

O noso corpo

Para os nenos e nenas de 1º que estamos aprendendo cousas do corpo, mirade que xogo:

Visto no CEIP Manuel Fraga

26 de set. de 2011

Estamos no andar superior!


Este curso, os nenos e nenas de 2º xa somos maiores. Estamos no andar superior do colexio!!!!!! Desde a nosa aula, queremos dar un saúdo a todos os nosos compañeiros e compañeiras.  


BO INICIO DE CURSO!

21 de set. de 2011

Estamos en primeiro!

Ola a todos e todas: Somos os nenos e nenas de 1º de Primaria. Na clase somos 15 . Estos días estamos moi ocupados facendo carteis, e aprendendo cousas novas. O primeiro día estabamos moi nerviosos, e tiñamos moita fame. As 10 xa queríamos merendar! Queredes ver unhas fotos?




1 de xul. de 2011

CAMPIONS


Xoel, David e Aaron gañaron o campionato de fubito.Están moi ledos coas suas copas.Noraboa!!!

LOIS PEREIRO ROKEIRO !



Lois Pereiro, o seu irmán e outros músicos crearon o grupo Radio Océano.Os nenos e nenas de 1º cantaron o dia do festival das letras galegas " O rock da miña rúa " eles e elas tamén son rokeiros.....

25 de maio de 2011

Xulia Minguillón

Na clase de primeiro investigamso un pouco sobre Xulia Minguillón, que é unha pintora galega, e fixemos debuxos dos cadros  para regalarllos ós nenos e nenas do cole de Brea-Segade de Taragoña. Eles están traballando un proxecto sobre a pintura, e así lles axudamos
Pronto iremos a visitalos!.

Estrelas Espantapesadelos

Como xa sabemos ler moi ben estamos lendo entre todos un libro que se chama: Lecturas para dormir a un rei. O protagonista do conto regalounos unha estrela espantapesadelos para poñer debaixo da almofada e ter sempre soños bonitos.......

Que boa colleita!

O luns recollimos na horta as nosas leitugas que medraron moito grazas a auga que lle botamos. Fixemos na casa unha ensalada moi rica.

19 de abr. de 2011

Contacontos para nós


Os nenos e nenas do 1º ciclo disfrutaron cos contos que lles contou Iago López:

2 de abr. de 2011

Aprendemos a gardar os libros na biblioteca

Algúns nenos e nenas do segundo ciclo viñeron ensinarnos aos de 2º de Primaria como buscar e gardar ben os libros na biblioteca. Despois da súa explicación, puxéronos tarefa: gardar libros de diferentes temas, no sitio correcto:

5 de mar. de 2011

Xogamos coas formas e os espazos

Xogamos coas formas

Os nenos e nenas de primeiro xogamos coas formas e os espazos:
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas