Ola, como estades?
Somos a clase de 2º, a clase dos Koalas.
Este curso estamos na planta de arriba e vemos a ría coas bateas.
Este ano queremos aprender cousas novas.
Adeus !
Ola, como estades?
Somos a clase de 2º, a clase dos Koalas.
Este curso estamos na planta de arriba e vemos a ría coas bateas.
Este ano queremos aprender cousas novas.
Adeus !
Para rematar o curso, gozar do bo tempo o alumnado de primeiro curso, xunto co de primeiro, fixo unha saída á praia de Liméns.
Aprendemos a gozar da natureza, fixemos deporte e demostramos que cada día somos máis conscientes e capaces de coidar a natureza pois estivemos moi atentos e atentas a todo o lixo que había (e recollémolo!).
Velaquí un pequeno vídeo resumo da xornada:
Os nenos e as nenas de segundo curso quixeron facer un último programa antes de marchar de vacacións e contarnos un pouquiño que cousas foron as que máis lles gustaron deste curso escolar e cales lles gustaron menos.
Podedes escoitalos aquí:
Hoxe é o noso último día de clase.
O próximo ano xa estaremos en 2º!
Medramos todas e todos unha chea. Traballamos moito e aprendimos a convivir. Foi un ano moi bonito a pesar das dificultades.
Aínda que a chuvia non nos deixou facer a nosa última convivencia, pasámolo moi ben na anterior saída á praia de Liméns
Felices vacacións!!
Velaquí outra remesa de contos para os compañeiros e compañeiras.
Moitísimas grazas por todo o que nos fixéchedes desfrutar!
A pesar de que xa recollemos as leitugas, os nenos e nenas de 2º baixamos a quitar malas herbas e tamén a regar as poucas leitugas que quedaron para que medren fermosas.
Esta semana, o alumnado de primeiro e segundo de primaria, recolleu as súas leitugas. Algunhas eran rizadas e outras lisas, unhas verdes e outras moradas, pero todas tiñan moi boa pinta.
O alumnado de segundo está dando o remate final a este ano tan fantástico escollendo e léndolle un conto aos seus compañeiros e compañeiras, unha marabilla!
Hoxe o noso profe Diego ensinounos como é e como sona a trompa.
Puidemos escoitalo tocar.
Grazas profe, que chulo!
O venres tivemos unha visita moi especial, por unha banda porque nos encanta que nos conten contos, e por outra banda porque levaba moito tempo adiada.
Fran, o papá de Óscar, veu ao cole lernos Big Hero 6, unha historia cargada de valores e cunha trama complexa.
Nesta sesión, os nenos e nenas pintaron unhas cartas, recortáronnas e xogamos ao xogo do memory con elas. Puxémolas todas cara abaixo e tiñan que levantar unha, poñela na pantalla, capturar a imaxe, levantar outra carta, poñela na pantalla e capturar a imaxe. O programa nos dicía si eran iguais ou non.
Estivo moi entretido.
Os nenos e nenas traballaron co tradutor de google para pasar ao castelán as persoaxes dun conto que aparecían escritas noutros idiomas. Logo diso, debuxaron co Scratch as persoaxes do conto na tablet e logo reproduciron dito conto cos seus debuxos.
Quedaron encantados!
Aquí deixamos as actuacións dos nenos e nenas de 1º e 2º de primaria.
1º PRIMARIA: CANCIÓN "CANTO SEI"
Os menos e as nenas de segundo estiveron investigando, a petición de Paco, sobre os lagos e os desertos de cada continente.
Outro papá que se suma á iniciativa de visitar as aulas para compartir unha lectura foi Sándor, o papá de Nahara, que nos leu Adivina cuanto te quiero.
Tamén o unha canción porque todos sabemos que as cancións son poesía con mùsica.Moitísimas grazas pola túa visita!
Para variar, desta vez foi un avó o que visitou a nosa aula.
A lectura escollida foi O pequeno Hiawatha.
Os nenos e nenas de 1º e 2º estivemos investigando sobre a identidade dunha pintora famosa nada en México e que foi unha gran defensora dos dereitos da muller. O asistente de Google axudounos na tarefa e logo de descubrir de quen se trataba (Frida Kahlo), escaneamos un código QR e visitamos o seu museo virtualmente.
Gustounos moito!
As nosas contacontos: