27 de xuño de 2017

Coñece Moaña!

Aquí vos deixamos un remuso do noso traballo "Coñece Moaña"





Visitamos Arcade.

O xoves 15 de xuño pasamos unha xornada de convivencia en Arcade. Pasámolo xenial. Aquí vos deixamos as fotos da saída e as noticias que escribimos para contar esta saída.

20 de xuño de 2017

Un cómic con froita...

Na aula de 1º estivemos traballando a banda deseñada. Aproveitamos a semana da froita para usala como protagonistas.
Mirade que simpáticos nos quedaron!



16 de xuño de 2017

O CAN RIN E O LOBO CRISPÍN POLO ALUMNADO DE 1º CURSO

Os nenos e nenas de 1º, fixeron unha peli coa aplicación TOONTASTIC para Ipad do conto "O can Rin e o lobo Crispín" de Carlos Casares para a exposición interactiva que fixemos no cole. Quedoulles chulísimo!!!
Mirade, mirade!!!!


10 de xuño de 2017

1º VISITA A EXPOSICIÓN INTERACTIVA

Como todos sabedes, este ano a exposición sobre Carlos Casares ten contidos en realidade aumentada. Para velos, temos que ter a aplicación Aurasma descargada nos nosos dispositivos móbiles. 
O alumnado de primeiro, acompañado polos maiores do cole, estiveron vendo a exposición cos Ipad e gustoulles moito.




28 de maio de 2017

Festival Letras Galegas 2017

Aquí temos os vídeos das Letras Galegas. Grazas a Xosé Villaverde "Villa", avó de Claudia que colaborou con nós facendo as fotos e vídeos do festival.




20 de maio de 2017

Visita á Comicon

Este ano ocelebrouse por primeira vez a Comicon en Moaña. Era unha exposición de Banda Deseñada, pero non só iso, tamén houbo música, obradoiros e baile.

A clase de segundo fomos admirar a flashmob que fixeron os nosos compañeiros, e o traballo que realizamos entre todos!




11 de maio de 2017

Contacontos IES Carlos Casares

Hoxe aprendemos un pouco máis de Carlos Casares, o escritor das Letras Galegas 2017.
Viñeron ao cole un grupo de alumnos e alumnas do IES Carlos Casares de Vigo que investigaran moito sobre o escritor, tanto que lle deron no curso pasado un premio de Innovación en Normalización Lingüística .
Contáronnos un conto e xogamos a dous xogos on line que eles crearon coa axuda das súas profes.
Pasámolo moi ben, foi moi divertido ver como saían os personaxes de Casares no quebracabezas e na oca.
Moitas grazas Rubén, Lucía e Marta , e tamén ás profes Enma e Bea!!!!




10 de maio de 2017

Os contos das familias

Martiño tiña moitas ganas de que o seu pai viñese contarnos un conto. Así o fixo, compartiu connosco un delicioso conto ilustrado por Gemma Sales "Los buenos amigos"


9 de maio de 2017

O instituto fixonos unha visita!

Como ben sabedes, este ano adícaselle o día das Letras Galegas a Carlos Casares. Co gallo de ensinarnos un pouco máis sobre este autos o alumnado do IES Carlos Casares viñeron ao cole a compartir un momento con nos.

Xogamos en liña cos aplicacións que eles mesmos crearon. Podédelas atopar no seguinte enlace:
https://galaxiacasares.wordpress.com/










Tamén nos enseñaron unha canción que nos encantou!


7 de maio de 2017

A banda deseñada en primeiro curso

Os nenos e nenas de 1º estiveron analizando os libros de banda deseñada e, chegaron a conclusión de que teñen cousas moi curiosas que os libros de narrativa non teñen. Mirade que dixeron....


5 de maio de 2017

As familias contan

Marta veu á clase de primeiro cun interesante conto  de Gerónimo Stilton. Era ademais o primeiro conto que Mara mercara nun mercadillo solidario. 


O conto fala de Oliver, un neno que ten que desprazarse en cadeira de rodas e que vai atopando todo tipo de dificultades para poder moverse.


Marta explicounos que iso eran barreiras arquitectónicas e nós dixemoslle que as atopamos cando vimos andando ao cole e que a algúns dos nosos  avós tamén lle pasaba, non podían acompañarnos ao cole porque polo camiño as beirarrúas non tiñan rampas nin eran o bastante amplas.

Marta e Fran deixáronnos unha caixiña dos desexos , para que fósemos gardando alí os nosos desexos. Alí a temos, enchéndose aos poucos.



4 de maio de 2017

A FROITA FAVORITA EN 2º CURSO

OS NENOS E NENAS DE 2º CURSO FIXEMOS UN CHATTERKID COA NOSA FROITA FAVORITA. MIRADE QUE BEN NOS QUEDARON!!!!



28 de abr. de 2017

As familias contan

En abril , o mes do libro, algunhas familias viñeron a 2º curso a leernos uns contos. Foi estupéndo! Moitas grazas Ana, Marcos e Mayca!



Qué rica, froita!

Esta foi a "semana da froita". As froitas apórtannos moitas cousas, unhas gústannos máis e outras un pouco menos, pero probámolas todas!








27 de abr. de 2017

As familias contan

"Ñac, ñac", de Emma Yarlett é o conto que nos trouxo Tati Era un monstro moi comellón que se metía en todos os contos:


.

As familias contan

Jacobo contounos un conto que nos entusiasmou: El zampapiratas, de Jonny Duddle

Grazas Jacobo!!!

ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS 2017

DEIXÁMOSVOS AS ACTIVIDADES SOBRE A BIOGRAFÍA DE CARLOS CASARES.




26 de abr. de 2017

A banda deseñada en primeiro

En primeiro curso estamos aprendendo a facer banda deseñada. As expresións son moi importantes. Mirade que ben o facemos!







24 de abr. de 2017

Semana da froita

Esta é a primeira semana da froita, empezamos co amorodo:



As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas